Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Promover a adquisición de competencias emprendedoras, a través da reación e xestión dunha cooperativa escolar de fabricación de produtos, que posteriormente venderán nun mercado. Para iso, o programa reproduce situacións reais no proceso de constitución dunha empresa e as actividades posteriores desta.
A quen vai dirixido?:
Alumnado de educación primaria e especial de centros educativos do Municipio
Organiza:
Área de Emprego e Empresa
Programa educativo de difusión da cultura emprendedora onde o alumnado de educación primaria e Educación especial, crea a súa propia empresa baixo formúlaa de cooperativa (cooperativa escolar).
Programa educativo de difusión da cultura emprendedora onde o alumnado de educación primaria e Educación especial, crea a súa propia empresa baixo formúlaa de cooperativa (cooperativa escolar).
Os contidos que se traballan co alumnado na aula son os seguintes:
Nace unha empresa. O alumnado xera unha idea de negocio baixo a forma xurídica dunha cooperativa. Elixen os seus representantes
Estamos lanzado. Nesta unidade traballarase en todo o relacionado coa impagen corporativa da empresa e á súa vez deséñase unha campaña publicitaria e levan a cabo as funcións propias dun gabinete de comunicación.
Esta empresa vale moito. O alumnado traballará nos contidos relacionados coa contabilidade da empresa.
Coa cabeza e as mans. Traballaranse diferentes técnicas de fabricación, así como os pasos ata obetener os articulos. Proporcionaranse diferentes métodos de fabricación para que, a partir deles, o alumnado elabore produtos que máis tarde terá que vender.
A venda e os resultados. Nesta unidade didáctica, traballarán os contidos relacionados coa venda dos produtos, desde a decoración do punto de venda ata o trato co cliente.
Durante o desenvolvemento do Programa as cooperativas creadas polo alumnado solicitan o permiso de venda dos seus produtos que será entregado por autoridades municipais. O acto final do Programa é a celebración do mercado "Unha empresa na miña escola" no Cantón Grande-Obelisco.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible