Concello da Coruña

Concello da Coruña

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na comunidade autónoma galega das persoas galegas retornadas

Axuda para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en persoa retornadas

A quen vai dirixido?:

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na comunidade autónoma galega:

  1. As persoas galegas e nadas en Galicia.
  2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nadas en Galicia.
  3. As persoas beneficiarias das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior convocadas pola Secretaría Xeral da Emigración. Quedan excluídos os autónomos colaboradores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/07/2019 ata o 30/09/2019

Xa rematou

Inscricións:

Axudas en réxime de concorrencia non competitiva (por orde de entrada)

Requisitos:

  • Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España
  • Que non transcorresen máis de 2 anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda ao amparo desta resolución
  • Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Non ter sido beneficiaria desta axuda para a mesma actividade ao amparo de anteriores convocatorias.

Remuneración / Custo:

Importe da subvención: 5.000 €

Incrementos (acumulativos):

  • Muller (+ 1.000 €)
  • Centro de traballo (ou domicilio fiscal, en caso de carecer de centro de traballo, en concello rural (+ 2.000 €)

Máximo: 8.000 €

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190617/AnuncioG0244-050619-0003_gl.pdf

Organiza:

Xunta de Galicia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión