Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2016

A praza Elíptica dos Rosales acollerá este sábado unha nova edición dos Mercadillos Urbanos promovidos polo Concello

O responsable de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, destaca “o éxito” da primeira iniciativa, na que participaron comerciantes dos barrios de Castrillón, Eirís e Monelos

Mañá volven os Mercadillos Urbanos do Comercio de Barrio organizados pola Concellería de Emprego e Economía Social, área que dirixe Alberto Lema. A iniciativa, que nace coa finalidade de dinamizar o comercio local e de proximidade, así como fortalecer a relación entre a veciñanza co comercio da súa zona, celebrará a segunda edición este sábado 17, de 12.00 a 20.00 horas, na praza Elíptica do barrio dos Rosales.

Os Mercadillos Urbanos é unha proposta organizada coa colaboración de distintas asociacións de comercio de Eirís, Os Rosales, Elviña e Riazor. O primeiro mercadillo dos catro programados polo Concello nos meses de setembro e outubro celebrouse o pasado domingo 4 no Parque de Eirís. O edil de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, cualificou como "existosa" a iniciativa, na que participaron comerciantes do Castrillón, Eirís e Monelos. "Este proxecto non só anima ás e aos comerciantes a innovar no seu negocio, senón que fai visible para a veciñanza a gran variedade comercial que existe no seu barrio e contorna, no que pode satisfacer prácticamente calquera necesidade de consumo", expón o concelleiro, quen asegurou que "o comercio a pé de rúa significa vida nos barrios, ao aportar máis emprego de calidade, así como unha economía máis sustentable para o desenvolvemento da cidade".

As vindeiras citas con esta acción de apoio e dinamización do comercio, que tamén pretenden atraer nova clientela doutros barrios, terán lugar o día 24 de setembro na contorna da Praza Casares Quiroga, en Elviña, e o sábado 1 de outubro en Riazor, no Paseo Marítimo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión