Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de setembro de 2016

Aberto o prazo para que os centros educativos se inscriban nos Programas Inicia e Semente

Ambos os programas teñen como finalidade a difusión da cultura emprendedora entre o alumnado dos centros educativos da cidade.

Desde o 12 de setembro ata o 21 de outubro os centros educativos que desexen participar nos Programas de Difusión da Cultura Emprendedora que organiza a Concellería de Emprego e Economía Social poden facelo a través da web educativa municipal.

O Proxecto Semente, "unha empresa na miña escola", está destinado ao alumnado entre terceiro e sexto de primaria así como ao de educación especial. Durante o proxecto, promóvese a adquisición de competencias emprendedoras a través da creación dunha cooperativa escolar. Ao longo do curso o alumnado, ademais de coñecer os valores do cooperativismo, fabrica produtos que posteriormente venden nun Mercado. Transversalmente trabállanse outras materias: matemáticas, plástica, lingua... Para o desenvolvemento do proxecto cóntase con persoal experto tanto en cooperativismo como en elaboración de produtos.

O Programa Inicia ten como destinatario ao alumnado de ciclos formativos e de ensinos especiais. Ao longo do curso realizan un proxecto empresarial e analizan a súa viabilidade contando con varias sesións de apoio impartidas por persoal técnico municipal e do IGAPE. Os mellores proxectos son seleccionados para participar na Feira de Ideas e nos Premios "Formación para Emprender" que se celebra a finais de marzo. Como axuda para a devandita presentación o alumnado tamén recibirá un Taller de presentación de proxectos.

Como en edicións anteriores a solicitude debe realizarse a través da web municipal de educación, no apartado "Programas educativos doutros servizos municipais - Programas do Servizo Municipal de Emprego"

http://www.edu.coruna.es/ga/libro_dixital_2016_2017

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión