Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de setembro de 2016

O Concello afonda no fomento do cooperativismo e o emprego a través da creación de empresas de economía social coa colaboración da Xunta

A concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, asina o convenio coa Consellería de Emprego para a adhesión da cidade na Rede Eusumo, para participar de forma activa no desenvolvemento de accións de asesoramento, información e formación nesta materia. O viveiro de empresas do Papagaio pasará a contar cun punto de difusión da economía social

A Concellería de Emprego e Economía Social vén de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria que suporá a entrada da Coruña na Rede Eusumo, unha iniciativa dirixida ao fomento do cooperativismo e da creación de empresas e emprego baseados na economía social e no desenvolmentento local, liñas principais de actuación do Concello. Tal e como expón o responsable municipal nesta materia, o edil Alberto Lema, o acordo fixa a colaboración entre Concello e Xunta de Galicia a través da súa participación directa en accións de asesoramento, información e formación que se deseñen e o apoio nas coordinación das distintas actividades que se poidan desenvover nesta materia. "O Concello asume o papel de axente dinamizador do sector e beneficiarase da colaboración en rede doutros concellos e entidades, e benefíciase dos recursos que a Xunta elabore para o fomento deste modelo empresarial", destaca o concelleiro, quen lembra compromiso do Goberno local co impulso ao asociacionismo e o cooperativismo.

De acordo co documento asinado, o Concello colaborará coa a Rede Eusumo a través dun punto de información e dispoñerá un servizo de difusión da economía social no centro municipal de empresas do Papagaio, mentres que a consellería colaborará co ente local coa dotación de medios e recursos dispoñibles para a realización das actividades que se programen, e facilitará de forma puntual toda a información necesaria, desde recursos didácticos a elementos e accións promocionais ou documentos de apoio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión