Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2016

O Concello contactará con Extel na procura “dunha solución para manter os postos de traballo ante a preocupante situación da empresa e das máis de 200 familias que están en risco de quedar sen emprego na cidade”

O alcalde acudiu hoxe á primeira das concentracións convocadas polo cadro de persoal tras o anuncio do ERE na empresa de telemárketing, en apoio dos e das traballadoras. “Hai que facer fronte común e poñerse do lado do que temos que estar, que é o das veciñas e os veciños”, subliñou Ferreiro, quen avanzou que dialogará co resto de cidades afectadas

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, avanzou este xoves que o Concello contactará coa empresa Extel para "dialogar e pedir explicacións" ante o anuncio dun ERE que "afecta de forma especial á cidade, con máis de 200 familias que ven en risco o posto de traballo". "Imos chamar á empresa, primeiro para que nos explique  as razóns deste ERE brutal e tamén de por que este afecta deste xeito tan desproporcionado á Coruña, xa que de 355 postos que se plantexaron no ERE, 205 recaen na cidade. Non parece razoable e entendemos que pode haber outras medidas para manter os postos, que é polo que hai que pelexar nestes momentos", sinalou o rexedor, quen reafirmou que haberá diálogo coa empresa pero "defendendo con firmeza esta postura". "Cremos que pode haber outras solucións dentro da organización da produción da empresa que non impliquen que máis de 200 persoas dunha mesma cidade vaian ao paro", subliñou.

Ferreiro acudiu este xoves, xunto con varios membros do grupo de Goberno, á primeira das concentracións convocadas polo cadro de persoal da empresa Extel na cidade en protesta contra os despedimentos previstos no centro da Coruña desde o anuncio do ERE. Alí, o alcalde ofreceu o apoio do Concello ao comité de empresa e aos traballadores e traballadoras. "Hai moita preocupación no Concello da Coruña, e eu persoalmente estou moi preocupado pola situación da empresa, que ten moitísimos postos de traballo aquí na cidade. Vemos como unha vez máis as últimas reformas laborais levan a esta consecuencia, que calquera axuste na produción dunha empresa sempre se carga na parte máis débil, na parte dos traballadores, neste caso, maioritariamente das traballadoras", censurou o primeiro edil, lembrando que Extel é "unha empresa clave para os postos de traballo da Coruña, nun sector, o telemárketing, que ten moita ocupación na cidade".

Neste sentido, avanzou tamén que o Goberno local contactará igualmente cos gobernos doutras cidades afectadas por este expediente de regulación de emprego, entre elas Zaragoza, "para facer un fronte común e poñernos do lado do que temos que estar, que é o das traballadoras e os traballadores".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión