Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2017

O Concello e a Deputación asinan un convenio para cofinanciar a actividade do centro Accede-Papagaio

O alcalde, Xulio Ferreiro, valora tamén o acordo como “un paso máis no impulso ao programa destinado á promoción e o estímulo da actividade empresarial Emprendemento Coruña, que servirá para crear sinerxias entre os proxectos vinculados á innovación e a sectores que xeran valor engadido e unha economía sustentable e ao servizo das persoas”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinou este luns un convenio de colaboración co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, dirixido ao cofinanciamento dos gastos de funcionamento e das actividades do viveiro municipal de empresas Accede-Papagaio, un centro que, como salientou o rexedor coruñés, está a desenvolver xa iniciativas empresarias innovadoras "e que está servindo para que xente que ven con ganas e ideas para iniciar proxectos novos teña un lugar e un apoio onde desenvolvelas". Do mesmo xeito, Ferreiro destacou que o acordo supón "un paso máis" no lanzamento do programa destinado á promoción e o estímulo da actividade empresarial local que é Emprendemento Coruña, "para dar aínda máis actividade ao viveiro e crear sinerxias entre os distintos proxectos de emprendemento vinculados á innovación e a sectores económicos que xeran valor engadido e unha economía sustentable e ao servizo das persoas". "Sectores como o da innovación ou as TIC poden ser unha fonte de riqueza e contribuír a ir mudando pouco a pouco o modelo económico da cidade", observou.

En virtude deste convenio, a Deputación contribuirá con 75.000 euros para o desenvolvemento do centro, a través do financiamento de actividades, accións formativas e outros gastos. Neste sentido, o presidente da corporación provincial puxo en valor as accións que desde os concellos "axuden a crear espazos onde calquera iniciativa empresarial teña unha ubicación para poder ser desenvolvida, porque existe aínda moita xente esperando para ter unha oportunidade laboral, nun país que ademais ten que escapar do modelo que nos levou a unha crise económica enorme e a moito sufrimento".

Conde de Fenosa

Por outra banda, e preguntado sobre os pasos a dar polo Concello tras a última providencia do Tribunal Supremo, que inadmite o recurso de casación sobre a execución da sentenza que obriga a demoler o edificio Conde Fenosa, Ferreiro indicou que o goberno local traballa desde o momento en que se coñeceu a resolución, a pasada semana, para buscar solucións aos distintos escenarios que se poden abrir tras a decisión xudicial e que, como indicou, dependen de factores como son o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e o Tribunal Supremo. "O Concello está a traballar nas distintas vías que se abren seguindo os principios que sempre defendeu, que pasan polo cumprimento da legalidade urbanística, o interese do erario público e da facenda deste Concello e tamén os dereitos dos e das veciñas propietarias do inmoble", expuxo, despois de amosar a súa preocupación "ante a repercusión que o cumprimento da sentenza puidese xerar para o Concello e para a súa estabilidade económica". En canto ás posibles responsabilidades que o ente municipal poida reclamar a terceiros, o alcalde recordou que para abrirse esa vía "primeiro ten que declararse a responsabilidade do Concello da Coruña e, no seu caso, cuantificarse, cuestión que aínda está pendente de resolución xudicial".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión