Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2016

O Concello elaborará un Plan de Emprego Xuvenil para “abordar con solucións específicas o paro e a precariedade laboral que sofren os mozos e mozas da cidade”

O concelleiro Alberto Lema ve urxente “poñer ao servizo deste colectivo ferramentas que lle faciliten o acceso ao mercado laboral en condicións dignas” e chama á colaboración institucional neste ámbito, “onde todas as ferramentas son necesarias”

A Concellería de Emprego e Economía Social vén de iniciar os trámites para a elaboración dun Plan de Emprego Xuvenil que aborde "de xeito específico" a taxa de desemprego e a precariedade laboral que afecta á mocidade no municipio e ofrecer solucións especializadas para o colectivo, mozas e mozos menores de 30 anos. Como primeiro paso, a concellería saca a contratación o servizo de consultoría para elaborar este traballo, un proxecto ao que o Concello destina 18.000 euros e que terá un prazo de elaboración máximo de dous meses. Como salienta o concelleiro responsable desta área, Alberto Lema, este Plan de Emprego Xuvenil dirixirase a "mellorar as posibilidades laborais da xente moza, un colectivo especialmente castigado". "Cómpre poñer ao servizo da mocidade as ferramentas que contribúan a facilitar aos e ás mozas o acceso ao mercado laboral nas mellores condicións para que poidan optar a traballos dignos que acaben coa precariedade que afecta de xeito especial a estas franxas de idade, e así o está a facer este Goberno local; non podemos esquecer que estamos sentando as bases da cidade do futuro e que non podemos deixar que ese futuro marche por falta de oportunidades", salientou o edil, quen recordou a importancia de traballar de forma coordinada e leal entre administracións con competencias nun tema como o emprego, "onde todos os recursos son necesarios".

O contrato inclúe o deseño da estratexia para o desenvolvemento do plan de Emprego Xuvenil e unha fase previa de diagnose, na que se estudará a relación entre o nivel de formación e a taxa de desemprego, a prospección de sectores potencialmente xeradores de emprego xuvenil, as necesidades empresariais para a promoción de emprego, a taxa de temporalidade na contratación ou as condicións de traballos deste colectivo nos seus empregos máis habituais, ademais dun exame dos sectores máis propicios para emprender unha iniciativa empresarial. En canto ao propio Plan, deberán deseñarse os obxectivos e liñas estratéxicas e unha proposta de cronograma das actuacións previstas, que estarán debidamente orzamentadas e contemplarán os recursos de persoal necesarios. O servizo de consultoría que se saca a licitación deberá incluír tamén unha proposta de metodoloxía participativa, tanto da investigación previa, como de dinamización e mediación nas sesións de traballo que se establezan coa sociedade civil e as entidades relacionadas cos ámbitos da xuventude e o emprego, e demais axentes que poidan realizar achegas en materia de empregabilidade xuvenil e innovación vinculada á formación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión