13 de setembro de 2017
O programa "Dálle luz á túa factura" chega á nosa cidade o próximo 26 de setembro
Queres saber como aforrar ata un 75% no que pagas na túa factura de electricidade?
O próximo 26 de setembro ás 17.00 horas especialistas de INEGA e do IGC impartirán unha charla no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio co obxectivo principal de lle explicar á cidadania as principais dúbidas que se lles expoñen en relación coa subministración eléctrica.
Día: 26 de setembro
Hora: 17.00 h
Lugar: Accede Papagaio (r/ Hospital, 19)
Acceso libre ata completar a capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible