Concello da Coruña

Concello da Coruña

Talleres de iniciativas empresariais

Obxecto:

Formación dirixida a persoas emprendedoras e a novas empresas.

A quen vai dirixido?:

Persoas emprendedoras cun proxecto

Organiza:

Área de Emprego e Empresa

O Departamento de Promoción Económica convoca periodicamente programas formativos dirixidos a todos aqueles emprendedores que teñen unha idea empresarial e queren levala a cabo ou ben que crearon recentemente a súa empresa.

Este programa consta de seminarios de curta duración en materias de interese no mundo do emprendemento, ten como finalidade mellorar e ampliar os coñecementos dos/as emprendedores/as nas distintas áreas de xestión empresarial e titorizar os devanditos proxectos.

Ao longo do ano póñense en marcha diferentes seminarios que tratan de distintos temas como a análise e diagnóstico inicial dunha idea de negocio, posta en marcha e seguimento dunha iniciativa empresarial e outros aspectos como márketing, fiscalidade, financiamento, axudas e subvencións, confección do plan de empresa, etc.

O programa está deseñado por módulos para facilitar a asistencia dos/as emprendedores/as aos seminarios, de forma que poidan asistir a aqueles que máis lles interesen, sen necesidade de realizar o ciclo completo de formación.

Publicaranse periodicamente os seminarios que se impartan dentro deste programa, así como calendario, horarios, inscricións ... para calquera aclaración dirixirse ao Centro Municipal de Emprego, no teléfono 981 184 399 ou a través da web municipal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión