Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de agosto de 2016

Un comité de especialistas, no que está representada a Cámara de Comercio e a sociedade civil, ademais do Concello, valorará as propostas que optan aos postos baleiros nos mercados municipais

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, salienta que a elección busca a “máxima obxectividade” do proceso, que pretende facilitar o acceso á metade dos postos a persoas en situación de desemprego

O Concello vén de designar ao comité, formado por persoas expertas, que se encargará de valorar as propostas que se presentaron aos dous concursos convocados pola Concellería de Emprego e Economía Social para explotar os 48 postos baleiros dos mercados municipais, un proceso impulsado para revitalizar estas instalacións públicas e fomentar o emprego, con especial atención ao colectivo de persoas desempregadas. O comité estará formado pola presidenta da Asociación Provincial de Amas de Casa, Rosa Otero, o xefe de servizos técnicos da Cámara de Comercio, Carlos Fernández, e o director da área municipal de Facenda e se encargará de avaliar os proxectos que se presentaron ás dúas convocatorias abertas no mes de xuño polo Concello, unha das cales -24 postos- estaba destinada a persoas desempregadas e a outra, a persoas con experiencia laboral acreditada neste ámbito comercial. Este tribunal, no que exercerá como secretaria a xefa de servizo da Asesoría Xurídica municipal, valorará as ofertas presentadas polos 59 participantes, dos cales 6 quedaron excluídos por incumprir os pregos do concurso ou non presentar correctamente a documentación.

"Procuramos a máxima obxectividade neste proceso de valoración", destaca o concelleiro desta área, Alberto Lema, quen expón que o comité é un requirimento de tipo técnico, que se designa ao non requirirse oferta económica nunha das dúas convocatorias -aquela dirixida a persoas sen emprego-, para facilitar o acceso á licitación. Como fai notar o responsable municipal, a composición deste comité responde ao interese do Goberno local por implicar á sociedade civil e, en concreto, a entidades especializadas nesta área profesional.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión