Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2024

Programa de Emprego 'Unha Ventá ao porto medieval da Coruña' achegase ao entroido tradicional

O pasado xoves 8 de febreiro os traballadores do Programa de emprego 'Unha ventá ao porto medieval da Coruña' achegáronse ao concepto do entroido tradicional.

As dúas modalidades (dinamización cultural e produción fotográfica) asistiron a unha exposición sobre o entroido a nivel local, nacional e internacional e as relacións entre eles.

O seguinte día, o venres 9, levouse a cabo unha sesión de fotografía centrada no entroido tradicional de Samede, onde, ao mesmo tempo que se preparaba todo o necesario para levala a cabo, ían aprendendo sobre as roupas tradicionais e a historia detrás das ditas prendas.

Para levar a cabo dita sesión, dúas aulas do Centro Municipal de Emprego dos Rosales, foron convertidas en dous sets de estudio fotográfico. Un deles enfocado en fotografar o proceso de vestimenta por parte dos modelos, os elementos que conforman dita vestimenta e fotografía de retrato dos modelos. Por outra parte, no segundo set, ao mesmo tempo, estábase a facer unha fotografía narrativa, é dicir, unha serie que contaranos unha historia a través da imaxe sobre o entroido de Samede.

Os resultados da sesión fotográfica serán presentados a concurso por parte da modalidade de produción fotográfica unha vez sexan editadas as fotografías seleccionadas.

Con esta actividade os alumnos traballadores puideron achegarse tanto ó concepto do entroido tradicional como coñecer un entroido en concreto que recuperouse no 2016.

Dende a especialidade de dinamización, programación e desenvolvemento de acción culturais, ademais de apoiar á especialidade de fotografía como axudantes de produción e modelos, puideron contemplar un exemplo de acercamento e difusión da cultura a través da fotografía.

Por outro lado, dende a especialidade de produción fotográfica, elaboraron e desenvolveron unha sesión de fotografía, tendo que seleccionar e preparar o espazo, materiais e pensando en que querían contar. Unha vez sacadas as fotografías cos coñecementos adquiridos no tempo que levan preparándose nesta especialidade, traballaranas en posprodución para poder envialas a concurso, sendo así o primeiro traballo de campo que realizan para mostrar ao exterior

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión