O IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos ten como obxectivo ser un espazo de intercambio e reflexión sobre as diversas experiencias de orzamentos participativos que están a se levar a cabo en toda a península e marcar unha axenda común para seguir profundando na democracia participativa.
Articúlase en mesas de traballo e talleres, que permitirán pór en común as diversas experiencias que se levan a cabo en diferentes territorios Iberoamericanos. Impulsaranse varias mesas de traballo para reflexionar e traballar sobre a diversidade da participación e a súa accesibilidade, pondo especial atención en colectivos como a infancia, a mocidade ou as persoas que non teñen autonomía dixital. Poderemos coñecer tamén experiencias latinoamericanas e abordaremos outras fórmulas de democracia participativa que están a se destacar polo seu carácter innovador.
Ademais do formato mesa, que se desenvolverá como unha conversa entre as diferentes experiencias, o encontro inclúe talleres simultáneos que buscan unha participación activa de todas as persoas inscritas para buscar solucións a algúns dos retos destes procesos: a inclusión, a diversidade e a igualdade de xénero nos orzamentos participativos; a articulación dos diferentes roles dentro dun proceso de orzamentos participativos e os mecanismos para unha mellor transferencia entre os estudos e as prácticas.

O Concello da Coruña, co apoio da Deputación da Coruña, albergará o IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos, en colaboración coa Rede de Cidades Participativas e a Rede de Autarquías Participativas, co apoio técnico do Observatorio Internacional de Democracia Participativa, a Unión de Cidades Capitais Iberoamericanas e as asociacións In Loco e Coglobal.
Este encontro dá continuidade aos xa celebrados desde 2012 nas localidades de Odemira, Mollina e Ponta Delgada e, coma eles, busca marcar unha axenda ibérica común para seguir profundando na democracia participativa.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible