Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de marzo de 2016

O Goberno local concede unha moratoria ao novo Calendario Fiscal, que comezará a aplicarse en 2017

O Concello permite deste xeito que a cidadanía dispoña de máis tempo para planificar o adianto do ingreso do IBI, medida necesaria para cumprir en data cos pagos a provedores

O Goberno municipal decidiu este mércores aplicar unha moratoria ata o ano que vén ao novo Calendario Fiscal do Concello, que comezará a aplicarse en 2017. Deste xeito, quen non se acolleu ás facilidades do Plan de Pago Personalizado lanzado a principios de ano polo Goberno local deberá aboar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) correspondente ao 2016 entre o 15 de setembro e o 5 de decembro. A falta dos axustes finais, o pagamento deste tributo en 2017 pivotará entre os meses de xuño e setembro, e sempre coa posibilidade de acollerse ao pago fraccionado. 

Precisamente, a sensibilidade cara á cidadanía que considera que o novo calendario afectaba á súa planificación, ao non poder xa optar ao fraccionamento, foi unha das razóns que levan ao Goberno local a decantarse por unha moratoria ate 2017. “Podemos facilitar a transición ata o próximo ano, pero o cambio no Calendario Fiscal é unha necesidade urxente para o Concello, posto que temos que distribuír de xeito máis racionado a entrada de ingresos para evitar que se volvan a producir tensións como as acontecidas durante 2015, que obrigaron ao Concello a recorrer a unha operación de tesourería e imposibilitaron o cumprimento do Período Medio de Pago a Provedores que impuxo o Goberno central en setembro de 2014”, indica Eugenia Vieito, concelleira de Facenda, quen lembra que “durante parte do pasado ano excedeuse o máximo legal deste pago, que este Goberno conseguiu estabilizar grazas a unha boa xestión económica”. 

“En breve presentaremos ao detalle como queda o Calendario Fiscal para 2016 e 2017, con tempo abondo para que a cidadanía, á que informaremos polo miúdo, poida planificar os pagos do ano que vén”, engade a concelleira, que recorda que a competencia sobre o Calendario Fiscal “é da Concellería de Facenda e non do Pleno”. “Con todo, e malia a moita demagoxia que por exemplo o Partido Popular fixo con este asunto, queda claro que este Goberno local sabe escoitar á poboación e ten como prioridade a cidadanía, circunstancia que non se daba co PP, que segue fóra da realidade das xentes do común, que aínda sofren as consecuencias das súas nefastas e teimudas decisións en distintos gobernos”, observa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión