Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de decembro de 2015

O Goberno local acorda aboar en xaneiro aos e ás funcionarias a parte pendente da paga extra que foi retirada polo Executivo central

O grupo de Goberno indica que “a situación económica do Concello permite recoñecer con cargo aos créditos orzamentarios de 2015 a obriga de pagamento do 26,23% da extraordinaria de 2012”

O Goberno local acordou, “dado que a situación económica do Concello así o permite”, proceder a recoñecer, con cargo aos créditos orzamentarios de 2015, “a obriga de pagamento do 26,23% da paga extraordinaria do mes de decembro deixada de percibir polos e polas funcionarias municipais en 2012 debido a un decreto do Goberno central”. A intención do Executivo local é “proceder ao abono afectivo da parte da extra devengada en 2012 durante o próximo mes de xaneiro”.

Un recente informe de Tesoureiría vén avalar a decisión do Executivo coruñés, que desde o primeiro día se compromeu a dar aos e ás traballadoras municipais a parte da paga extra que “lles foi arrebatada polo Goberno central” entre finais de 2015 e principio do ano próximo, “sempre en función da situación económica na que se atopase o Concello”.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión