Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2015

Un xulgado empraza ao Concello a non entregar o billete de Lotería premiado ata que non se resolva o procedemento xudicial sobre a súa propiedade

O prazo para solicitar a propiedade ante o Concello remata mañá, día 25



O Concello recibiu esta semana unha resolución do xulgado de Primeira Instancia número 4 da Coruña pola que se lle solicita que non entregue o billete de Lotería premiado sobre cuxa propiedade ten aberto un expediente administrativo, en tanto non se resolva o procedemento de acción reivindicatoria que tramita ese xulgado.

O prazo para reclamar a propiedade do boleto ante a Concellería de Facenda segue aberto ata mañá, día 25, data na que se cumpren os dous anos desde a última publicación no BOP do anuncio polo que se daba publicidade ao expediente, a fin de que as persoas que así o consideren puidesen aportar probas para acreditar o seu dereito sobre o billete premiado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión