Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Técnico Superior en Artes Aplicadas á Escultura

Nivel de estudios
Enseñanzas profesionales de artes plásticas y diseño. Ciclo Superior (GRADO SUPERIOR)
Duración
1.875 horas.
Información general

Centros onde se imparte:

  • Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso
  • Escola de Artes e Superior de Deseño Mestre Mateo
Requisitos
Acceso directo:
  • Títulados de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.
  • Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
  • Título superior de artes plásticas e título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura en belas artes. Arquitectura. Enxeñería técnica en deseño industrial.
  • Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.

Acceso mediante proba específica:

  • Para as persoas que posúan o título de Bacharelato, ou título declarado equivalente.

Acceso mediante proba de madureza + proba específica:

  • Para o alumnado que non reúna os requisitos académicos (que non dispoña do título de bacharel, ou equivalente, que deberá ter cumpridos os 19 anos)

*A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba a ciclos formativos de grao superior de FP ou pola proba de madureza de grao superior de ensinanzas deportivas.

Perfil profesional
Ámbito: Concepción e interpretación de esquemas proxectuais e desenvolvelos desde calquera tendencia plástica, tanto tradicional como actual, manexando con precisión os elementos e os útiles de medida cos que pode captar, ampliar, reducir e reproduci-los modelos dados.

Sectores: Empresas e talleres de carácter artesanal e artístico, sexan públicos ou privados, relacionados con campos diversos, como son os relativos a: ornamentación, renovación, mantemento e rehabilitación do medio arquitectónico, obxectos de aterezo e de ornamentación corpórea para cine, teatro, televisión e outros medios efémeros, así como para instalacións escenográficas ou espacios diversos de representación e expresión, equipamento do espacio vital, sexa nun medio natural ou nun medio urbano, tales como obxectos tridimensionais para parques infantís, garderías ou parques de atraccións, moblaxe urbana ou montaxes e instalacións para feiras, congresos, stands, actividades socioculturais, etc., xogos e xoguetes de diversa índole, así como elementos propios de festexos populares (máscaras, xigantes e cabezudos, títeres, monicreques, etc.), obxectos corpóreos de uso cotián con significación artística e ornamental, para unha finalidade relixiosa ou como trofeos deportivos, agasallos de empresa, medallas e placas conmemorativas, manequíns artesanais, etc., reproducción e execución de pezas escultóricas en pedra, madeira ou metal, realización, en mármore ou outras pedras, de enterramentos ou pequenos monumentos conmemorativos, e cantas actividades se deriven da escultura aplicada, realización de elementos modulares en diferentes materias para ornamentación, celosías ou usos diversos. Ademais, pode desenvolve-la súa actividade naquelas empresas ou talleres, medianos ou pequenos, dedicados a sectores directamente relacionados con esta especialidade, así como exercer como profesional independente ou asociado en cooperativa.

Plano de estudios


Horas totais

Denominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

95

Materiais e tecnoloxías: artes aplicadas da escultura

95

Historia das artes aplicadas da escultura

165

Debuxo artístico e cor

95

Xeometría descritiva

95

Volume e proxectos

160

Taller de baldeirado e moldeado artísticos

190

Taller de talla artística en madeira

65

Horas de libre disposición

4º, 5º e 6º trimestre

160

Taller de forxa artística

160

Taller de talla artística en pedra

65

Deseño asistido por ordenador

240

Volume e proxectos

65

Formación e orientación laboral

105

Formación práctica en empresas, estudios ou talleres

Observaciones
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao
Más información
Normativa Legal
  • Ensinanzas Mínimas: R.D. 1843/1994, de 9 de setembro (BOE: 25/10/94)
  • D. 122/2002, do 7 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de artes aplicadas da escultura,(DOG: 12/04/02)
Página web:
artes, aplicadas, decorativas, artesanía,...

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión