Nas Bibliotecas Municipais da Coruña poñen en marcha o Servizo de Atención Tecnolóxica en liña. Unha persoa experta atenderá individualmente as túas dúbidas e problemas no ámbito dixital tanto dos dispositivos electrónicos (móbiles, portátiles, tabletas...) como os referidos ás ferramentas, páxinas ou redes sociais na Internet (navegación, inscrición, intimidade, configuración...).
Para público en general
De luns a venres de 9.00 a 20.00 h.
Cuestións básicas relacionadas coas tecnoloxías da información e comunicación: Internet, redes sociais, páxinas web... e tamén cos dispositivos dixitais como o teu móbil, portátil ou tableta: configuración, conexións, notificacións...
Tamén queren ser facilitadores e acompañarte na realización deses trámites en liña que che piden desde a administración ou desde entidades privadas. Pero debes ter en conta que non son orientadores laborais, asistentes sociais ou consultores financeiros, polo que non che poderán axudar sobre o fondo destas cuestións ou facer tramitacións no teu nome.
ONDE:
Desde el 03/05/2024 hasta el 17/05/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible