A Consellería de Política Social e Xuventude pon en marcha a Campaña de Verán 2024; actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo... e abre o prazo para solicitar prazas nos Campos de voluntariado no estranxeiro.
Para público en general
Desde el 29/02/2024
A convocatoria permanecerá aberta ata esgotar as prazas.
Duración aproximada de 15 días.
A cota de participación é de 110€ (82,50€ no caso de acollerse a desconto por ter o Carné xove ou por ter Carné de familia numerosa ou monoparental).
Algúns campos de voluntariado, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade, teñen un custo adicional ou cota extra que a persoa voluntaria deberá satisfacer á organización estranxeira. Esta cota extra especifícase na ficha informativa de cada campo.
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Complexo Administrativo San Lázaro. Santiago de Compostela. Teléfonos 981 544 838 / 981 957 115
Servizo de Xuventude e Voluntariado
Edificio Amizar. Rúa Gregorio Hernández 2-4. A Coruña. Teléfonos 881 881 238 / 881 881 240
Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.
Destinos dispoñibles nos meses de verán:
A cota de participación inclúe os gastos de manutención, aloxamento e máis os derivados das propias actividades dos campos unha vez producida a incorporación ao campo e o seguro de accidentes e responsabilidade civil. Non inclúe os gastos ocasionados pola viaxe (ida e volta) ata o lugar de celebración do campo, que correrán a cargo da persoa voluntaria, nin a cota extra de participación naqueles casos onde se estableza pola organización estranxeira.
Los días 30/05/2024 a las 19:00 , 13/06/2024 a las 19:00
Desde el 03/05/2024 hasta el 17/05/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible