Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/2025.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

  • Até o 20 de maio de 2024: para a proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato.
  • Até o 26 de xuño de 2024: para a proba substitutiva do requisito de titulación de ESO e/ou proba específica de grao medio.

Requisitos:

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas as persoas que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

  • a) Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispoñer do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba de carácter específico, acreditar méritos deportivos, experiencia profesional ou deportiva, ou as tres condicións de forma conxunta.
  • b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente, deberá ter, ou cumprir no ano natural de realización das probas, 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación
  • A proba substitutiva do requisito de titulación poderase substituír pola superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de FP, a parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de FP, a proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño, a proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas a persoa que cumpra os seguintes requisitos:

  • a) Dispoñer do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir, ademais, a superación dunha proba de carácter específico, acreditar méritos deportivos, experiencia profesional ou deportiva, ou as tres condicións de forma conxunta que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente. E ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos: bacharelato, título de técnico superior, título universitario.
  • b) O alumnado que non dispoña do título de bacharelato, ou outro declarado equivalente, deberá ter, ou cumprir no ano natural de realización das probas, 19 anos, estar en posesión do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.
  • A proba substitutiva do requisito de titulación de grao superior poderase substituír pola superación da parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de FP, da proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño, da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou da proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

Página web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Coruña: Edif. Adm. Monelos, 9º andar. R/Vicente Ferrer, 3. 15008- A Coruña

Tel.: 981 184 701

Publicación: DOG 07/05/2024

DATAS DE INSCRICIÓN PARA AS PROBAS:

  • Proba substitutiva do requisito de titulación de educación secundaria obrigatoria e/ou na proba específica de grao medio: até o 26 de xuño de 2024.
  • Proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato: até o 20 de maio de 2024.

LUGAR DE INSCRICIÓN: na secretaría dalgún dos centros públicos docentes vinculados a cada modalidade. Na modalidade de fútbol deberá presentarse na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica.

Modalidade

Centros

BALONCESTO

CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)

FÚTBOL SALA

CIFP A Farixa (Ourense)

ATLETISMO

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

FÚTBOL

CIFP Universidade Laboral (Culleredo)

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

BALONMÁN

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

VELA

CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)

ESPELEOLOXÍA

IES San Rosendo (Mondoñedo)

RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS INSCRITAS nos taboleiros dos centros e www.edu.xunta.gal:  

- na proba substitutiva de titulación de bacharelato: o 23 de maio,

- na proba substitutiva de titulación de ESO e nas probas específicas: o 28 de xuño.

ALEGACIÓNS a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude:

- días 24 e 27 de maio para as persoas aspirantes ás probas substitutivas de titulación de bacharelato,

- días 2 e 3 de xullo para o resto de aspirantes.

RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS INSCRITAS nos taboleiros dos centros e www.edu.xunta.gal:

- na proba substitutiva de titulación de bacharelato será exposta o día 28 de maio,

- na proba substitutiva de titulación de ESO e nas probas específicas será exposta o 4 de xullo.

DATAS E LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:

- Probas substitutivas de titulación: realizaranse no IES San Clemente de Santiago de Compostela nas seguintes datas:

  • GRAO MEDIO: 5 de xullo de 2024. Presentación: 9:15h.  
  • GRAO SUPERIOR: 30 de maio de 2024. Presentación 9:30h.

- Probas específicas de acceso de grao medio:

Modalidade

Lugar da proba

Data de realización

BALONCESTO

CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)

19 de xullo ás 10.00h.

FÚTBOL SALA

CIFP A Farixa (Ourense)

16 de xullo ás 10.00h.

ATLETISMO

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

17 de xullo ás 10.00h.

FÚTBOL

CIFP Universidade Laboral (Culleredo)

18 de xullo ás 10.00h.

Pavillón multiusos A Xunqueira (Pontevedra)

19 de xullo ás 11.00h.

BALONMÁN

Pavillón multiusos A Xunqueira (Pontevedra)

19 de xullo ás 10.00h.

ESPELEOLOXÍA

IES San Rosendo (Mondoñedo)

15 de xullo ás 10.30h.*

VELA

Centro Galego de Vela (Vilagarcía de Arousa)

19 de xullo ás 11.30h.*

* a data do exame poderá variar no caso de non darse as condicións meteorolóxicas necesarias.

**As/os aspirantes á especialidade de Espeleoloxía, ademais da superación das probas de acceso específicas deberán superar unha entrevista coas empresas do sector. 

- Probas específicas de acceso de grao superior:

► Non se convocan probas de acceso de grao superior de carácter específico para ningunha modalidade deportiva.

Proba substitutiva do requisito de titulación da ESO

As persoas aspirantes realizarán un total de tres exames que deberán seleccionar obrigatoriamente na solicitude de inscrición. Constará dos seguintes exames:

  1. Cuestións tipo test que se formulen referidas a contidos socioculturais (Xeografía e Historia).
  2. Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo 1 hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Galega. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.
  3. Cuestións tipo test que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos (Matemáticas, Ciencias da Natureza e Tecnoloxía).
  4. Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo 1 hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Castelá. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.

Tomaranse como referencia os currículos oficiais da educación secundaria obrigatoria na Galicia.

Valoraranse os coñecementos, o grao de madurez e as habilidades suficientes para cursar con aproveitamento os novos estudos en relación con estas áreas propias do currículo da educación secundaria obrigatoria.

Proba substitutiva do requisito da titulación de bacharelato

As persoas aspirantes realizarán un total de tres exames que deberán seleccionar obrigatoriamente na solicitude de inscrición. Constará dos seguintes exames:

  1. Filosofía. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na elaboración dunha redacción a partir dun texto proposto.
  2. Historia de España. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na elaboración dunha redacción a partir dun texto proposto.
  3. Lingua Galega e Literatura. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.
  4. Lingua Estranxeira (inglés ou francés). O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.
  5. Lingua Castelá e Literatura. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.

Tomaranse como referencia os currículos oficiais da bacharelato na Galicia.

Valoraranse os coñecementos e o grao de madureza con relación aos obxectivos do bacharelato, así como a correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e síntese.

No Pierdas

No Pierdas

Inscripción en Actividades

Proceso de inscripción en las actividades. Después de haber cubierto y enviado un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Cómo inscribirme en una actividad

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión