A peonalización de Rúa Nova.
O día 31 de Maio procedeuse a pechar ao tráfico a rúa Rúa Nova. A peonalización dese espazo permitirá humanizar e rendibilizar esa rúa buscando unha contorna máis amigable que fomente a convivencia.
O Concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, estivo a supervisar a retirada dos semáforos de Rúa Nova con San Andrés.
En Rúa Nova, só permitirase a entrada e carga de vehículos de 06.00 a 11.00, en sentido contrario ao actual:
Entrada por San Andrés e saída por Cantón Grande, nun punto designado para tal efecto no Obelisco. Os vehículos que entren á cidade pola Avenida de Alfonso Molina deben desviarse cara a Juana de Veiga se queren ir á Rúa San Andrés.
Reordenación do tráfico nos Cantóns
Desde o luns 31 de maio a circulación de vehículos nos Cantóns discorrerá soamente por dous carrís, un por cada sentido de circulación, na calzada ao lado dos xardíns.
Os outros 3 carrís existentes ata onte converteranse nunha zona de mobilidade activa para as persoas que camiñan, as bicicletas e VMP.
En canto á circulación de autobuses públicos e privados, o Concelleiro Mobilidade dixo que o Concello estableceu as mesmas paradas con modificacións fronte ao Obelisco e na Praza de Mina. A parada de taxis estará situada no Cantón Grande, paralela e lindeira ao carril de saída e en Entrejardines
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible