Concello da Coruña

Concello da Coruña

Semana Europea da Mobilidade 2022

Un ano máis A Coruña únese á celebración da Semana Europea da Mobilidade.

A alcaldesa, Inés Rey, foi a encargada de lle dar o pistoletazo de saída á Semana Europea da Mobilidade, novamente o Obelisco da Mobilidade volve ser o epicentro de todas as novas infraestruturas e avances desenvolvidos ou en marcha para favorecer unha aposta futura aos desprazamentos urbanos.

Máis de 50.000 persoas asistiron a diferentes eventos realizados nesta semana, repartidos en varios puntos da cidade, cun gran Programa de actividades , para todas as idades.

Comezamos a Semana Europea da Mobilidade con eventos como a demostración do O Shuttle autónomo novo transporte para a cidade, unha nova edición do Friday Mobility Night 16 de Setembro SEM 2022 , coa súa ruta branca, como non podía faltar e coincidindo coa SEM celebramos, o Día da Bicicleta na Coruña con grande afluencia de participación, a Mesa de Mobilidade, contribuíu un ano máis co  III Foro da Mesa de Mobilidade Sostible

Esta Semana Europea da Mobilidade, tivo grandes colaboracións, como a Asociación Coruñesa de usuarios de Vehículos de Mobilidade Persoal que xunto á DXT realizaron no Obelisco da Mobilidade un Circuíto de habilidades , un ano máis Mobi-Liza non quixo faltar realizando xornadas de educación viaria para persoas usuarias de Bici-Coruña, a súa terceira edición do paseo de bicis antigas, entre outras.

Stop Accidentes Galicia pola súa banda estiveron a participar activamente en diferentes eventos como a campaña con voluntarias da Fundación de Mulleres e Asociación Provincial de Amas de Casa, realizou unha exposición fotográfica "Peón, non atraveses a túa vida" na Estación de Autobuses, uniuse á celebración do Día da Bicicleta realizando chapas con mensaxes de mobilidade realizadas polos nenos e nenas, entre outras.

Nesta semana presentáronse grandes logros alcanzados no último ano, con expectativa de futuro para a cidadanía, para mellorar a mobilidade e accesibilidade instálanse os Novos sistemas acústicos para a cidade unha renovación que o Goberno Inés Rey levará a cabo.

Co fin de facilitar os desprazamentos aos polígonos, o concelleiro de Mobilidade, Francisco Díaz, asiste á presentación da nova APP "Agrela Smart Mobility"

Doutra banda no Obelisco da Mobilidade, a Compañía de Tranvías, presenta a súa Nova web do bus urbano

Non podía faltar a implementación de medidas permanentes nesta celebración, e a mellor maneira de facelo é priorizando as proximidades aos centros escolares, necesítase un Acougado de tráfico para a cidade e así obter un contorno escolar seguro.

Durante a Semana Europea da Mobilidade, organizáronse varias marchas escolares, con diferentes colexios, unha delas foi en . O Servizo Municipal de Mobilidade está de aniversario Outra delas foi Marcha escolar a San Leopoldo rúa peonalizada desde o Nadal do 2020.

Contouse con colaboracións como a Asociación sen ánimo de lucro Grumico, a ONCE, a Fundación de Obra Social de Abanca, Pedalear & Conversar, e amenizando as xornadas cos pasacalles en diferentes puntos da cidade, por último un ano máis imos a Santo André co Día sen Coche

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión