Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de julio de 2018

O Concello anula as multas impostas a causa dun erro informático aos e ás usuarias do aparcadoiro do Parrote sancionados na segunda quincena de abril

As sancións que xa foran abonadas serán reembolsadas mentres que as restantes, tanto as recorridas como sobre as que non se teña feito ningún acto, serán arquivadas de oficio

O Goberno local vén de anular as multas impostas entre os días 14 e 30 de abril aos condutores e ás condutoras que circularon polo Parrote tras saír do aparcadoiro público, un tránsito autorizado e que foi detectado como irregular debido a un problema informático. A Concellería de Mobilidade Sostible indica que, debido a este erro no sistema, non se cruzaron durante dúas semanas os datos dos vehículos que procedían do aparcadoiro coas matrículas rexistradas pola cámara situada no Parrote dos automóbiles que circulan sen autorización pola vía.

A Policía Local procedeu, unha vez detectada a incidencia, a revisar todos os casos de maneira individual e a arquivar as denuncias realizadas baixo esa circunstancia, independentemente do seu estado. Así, devolverase o importe das multas xa abonadas e se anularán as que estean recorridas ou sobre as que as persoas sancionadas non tiveran feito ningún acto.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión