5 de junio de 2019
O goberno local prega á cidadanía precaución e chama a evitar situacións de risco ante a situación meteorolóxica
O Concello da Coruña despregará este xoves, 6 de xuño, un dispositivo especial de seguridade ante a previsión meteorolóxica, que alerta de fenómenos costeiros adversos no mar e refachos de vento en terra. Desde as 12.00 horas de mañá limitarase o acceso aos areais da cidade, que permanecerán pechados durante toda a xornada, así como ás zonas verdes da cidade --parques e xardíns--, e áreas infantís, ás que non se poderán acceder ante os fortes ventos previstos polos servizos de emerxencias, que chegarán até os 100 km/hora. Ao longo da mañá os servizos de seguridade iniciarán o precintado destes espazos. Este dispositivo afectará tamén á Casa das Ciencias, situada no Parque de Santa Margarita, ao igual que á Torre de Hércules e o seu Centro de Interpretación e de Atención ás persoas Visitantes (CIAV).
O goberno local lembra á veciñanza a importancia de seguir as recomendacións dos servizos de seguridade e emerxencia municipais así como de extremar as precaucións para evitar situacións de risco innecesarias, como non achegarse a zonas próximas ao litoral para tomar fotografías ou vídeos ante hipotéticos golpes de mar, ou evitar deixar obxectos xunto ás xanelas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible