Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Cando:

19 de novembro de 2015

Xulio Ferreiro: "Este Concello traballa para todas as familias, para que os nenos e nenas tamén estean adecuadamente protexidos"

O alcalde e a concelleira de Xustiza Social e Coidados, no Pleno Infantil, xuntos aos e ás alumnas de oito centros da Coruña

O alcalde e a concelleira de Xustiza Social e Coidados, no Pleno Infantil, xuntos aos e ás alumnas de oito centros da Coruña

O alcalde da Coruña presidiu un Pleno Infantil, no que participaron más de cen escolares de oito centros da cidade, e no que anunciou a posta en marcha en María Pita de actos de recibimento á cidadanía para os recén nados, aos que se lles dará a benvida como veciños e veciñas

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presidiu hoxe un Pleno Infantil, no que respondeu ás preguntas que lle formularon 46 nenos e nenas de oito centros da cidade. A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, tamén estivo presente neste acto, organizado en colaboración con Unicef e con motivo do 26 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, que se cumpre mañá, 20 de novembro. As bancadas reservadas ao público acolleron a máis de 70 estudantes de Primaria, así como aos seus profesores. O primeiro edil explicou as e aos menores presentes que “este Concello traballa para todas as familias, para que deste modo, os nenos e nenas das mesmas estean tamén convenientemente protexidos”. Do mesmo xeito, o rexedor afirmou que tanto os escolares como a mocidade deben estar presentes nos mecanismos de participación que defende o Goberno local, e anunciou que, nunhas semanas, o Concello comezará, “a petición dun cidadán, a levar a cabo actos de recibimento á cidadanía para os recén nados, aos que se lles dará a benvida como novos veciños e veciñas”. Esta iniciativa irá na liña do que noutros foros tense coñecido como “bautizo civil”.

O artigo 12 da Convención sobre os Dereitos do Neno recolle a necesidade de dar aos e ás menores a oportunidade de ser escoitados en todos os procedementos sociais que lles afecten. O citado artigo está relacionado co número 13, que alude ao dereito á liberdade de expresión de nenos e nenas. Para facer realidade estes dous mandados, o Concello organizou este Pleno infantil “co obxectivo de darlle voz aos nenos e nenas para que acheguen a súa visión acerca de como os dereitos recollidos na Convención se reflicten na súa vida diaria”. Os participantes expuxeron ao alcalde e a concelleira Cameán as conclusións ás que chegaron sobre este tema nuns debates anteriores que mantiveron nas aulas.

Os nenos e nenas que participaron no Pleno, sentados nos escanos dos e das concelleiras da Corporación Municipal, acudiron en representación do CEE Nosa Señora de Lourdes, o CPR Santo Domingo, CEIP San Francisco Javier, CEIP Juan Fernández La Torre, CPR Karbo, CPR San Juan Bosco, CEIP Montel Touzet e o CPR Calasanz. Os participantes formularon a Ferreiro e a Cameán as súas inquedanzas sobre a mobilidade da cidade e a súa adaptación para as persoas con diversidade funcional, a identidade dos nenos, a protección dos menores, o acceso universal á sanidade, a participación dos máis pequenos e a toma en consideración das súas opinións, tamén na vida política, o dereito á igualdade, o acceso á Educación e a Familia.

Ferreiro agradeceu aos nenos as súas achegas: “Moitas grazas por todas as peticións que nos fixéchedes. Para nós, para este Concello, é moi importante protexer a todas as familias, porque desa forma tamén estamos a protexer aos seus nenos e nenas”. Por outro lado, o alcalde saudou iniciativas dos estudantes, que solicitaban que A Coruña teña “máis zonas verdes onde xogar, parques e carrís bici”, co obxectivo de facer “unha cidade realmente ecolóxica”.

A concelleira de Xustiza Social manifestou que “o Goberno local loita especialmente por moitos dos valores que se viron reflexados nos nenos e nenas durante o Pleno” e destacou o impulso que se lle pretende dar as actividades de reforzo educativo, algo que fomentará “unha cidadanía máis libre”.

“Na vida dun alcalde hai días duros e outros que son magníficos, este é un deles. Sei que seredes, porque xa o sodes, uns excelentes veciños e veciñas”, finalizou o alcalde, que tamén recoñoceu a labor dos e das docentes e das familias.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?