Concello da Coruña

Concello da Coruña

Zaquizamí - Cía. Roberto G. Alonso

Un mundo de xoguetes esquecidos cheo de maxia e fantasía que esperta a emoción dos máis pequenos.

A quen vai dirixido?:

máis de 6 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

15/10/2016

Xa rematou

Horario:

18.30 h. Rógase puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permite a entrada na sala.

 

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6'00 € (abono 3 familiar, 15'00 €) (o abono inclúe como mínimo un adulto e un menor) menores de 3 anos 2'00 €.

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

O zaquizamí é aquel recuncho cheo de trastes a onde van parar os trastes vellos. Cada vez que se apaga a luz faise unha festa e os seus habitantes, os que non se ven pero están aí, comezan a vivir, a xogar, a soñar cando pensan que non os senten. Pss... Non fagades ruído, que non saiban que o sabedes!

Un espectáculo vitalista onde xoguetes e trastes abandonados nun faiado ou trasteiro (zaquizamí) cobran vida, buscan novas oportunidades e fan dos seus defectos virtudes. Un canto á diversidade, á solidariedade e ao espírito de superación. O noso zaquizamí, o da nosa historia, está ao fondo do corredor. Ten tres estantes mal postos, unha porta con chave e ferrollo e un enchufe que non funciona. Cada vez que se apaga a luz hai unha festa e os seus habitantes, os que non se ven pero están, empezan a vivir, a xogar e a soñar cando cren que non os oen. Pssssss....

Non fagades ruído, que non saiban que o sabedes!

 

Cía. Roberto G. Alonso - Cataluña

Público: máis de 6 anos

Dirección e coreografía: Roberto G. Alonso

Intérpretes / bailaríns: Anita Astrid, Borja Fernández, Laura Marsal

Escenografía: Roberto G. Alonso e Tony Murchland

 

VENDA DE LOCALIDADES:

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

www.ticketea.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión