Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Dear Wendy" de Thomas Vinterberg

Dick, un mozo solitario que vive nun pobo, convence a outros mozos para formar un club secreto, chamado Os Dandies, cuxa filosofía se fundamenta no pacifismo e a fascinación polas armas...

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/10/2016 ata o 08/10/2016

Xa rematou

Horario:

- xoves 20.30 h

- venres 20.30, 23.00 h

- sábado 17.30, 20.30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 euros (Carné xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros)

(Os descontos aplicaranse tras a previa presentación do documento que acredite o desconto)

Sesión do espectador, venres 23.00 h e sábado 17.30 h prezo único: 1,50 euros

Abono 5 películas: 12,00 euros

Organiza:

IMCE

Dick é un mozo solitario e retraído que vive no deprimente pobo de Estherslope. Un día, atopa un pequeno revólver e, a pesar do seu fervente pacifismo, empeza a sentir unha estraña e crecente atracción pola arma. Axudado por un amigo, non tarda en convencer os demais mozos marxinados do pobo para formar un club secreto chamado "Os Dandies", cuxa filosofía se basea no pacifismo e a paixón polas armas. A pesar de que todos aceptan a machada a regra de ouro do club, que consiste en non empuñar nunca unha arma, a combinación de certas circunstancias adversas lévaos a saltar esta regra.

 

Director: Thomas Vinterberg

Intérpretes: Jamie Bell, Bill Pullman

Dinamarca, 2004 - 109 min (V.O.S. en castelán)

NRM 18 ANOS

Formato: 35 mm

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión