Concello da Coruña

Concello da Coruña

EDM - Novas matrículas para o curso 23-24

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - NOVAS MATRÍCULAS PARA O CURSO 2023-2024

29 de setembro - MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA

Publícase a lista de adxudicación de prazas para as persoas solicitantes que quedaron na listaxe de agarda para as Escolas Deportivas Municipais 2023/24, e unha vez finalizado o prazo ordinario de formalización de matrícula. Pódese consultar na seguinte ligazón:

Desta listaxe exclúense as persoas que xa obtiveron praza e formalizaron a matrícula na fase anterior.

Prazo de formalización de matrículas: do 2 ao 6 de outubro nas unidades administrativas do Servizo Municipal de Deportes (Riazor, A Torre e Barrio das Flores) con cita previa: https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3.

As prazas dispoñibles nas EDM impartidas nas instalacións de San Diego e Santo Amaro deberanse consultar na listaxe de espera nos ditos centros.

15 de setembro - LISTAXE DA ASIGNACIÓN DE PRAZAS E LISTA DE ESPERA - FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULAS

Publícase a listaxe de adxudicación de prazas e listaxe de espera das persoas solicitantes para as Escolas Deportivas Municipais 2023/24.

Para elaborar esta listaxe seguíronse os seguintes criterios:

  • Empadroados/as no Concello da Coruña coa EDM solicitada como opción 1
  • Empadroados/as no Concello da Coruña coa EDM solicitada como opción 2
  • NON empadroados/as no Concello da Coruña coa EDM solicitada como opción 1
  • NON empadroados/as no Concello da Coruña coa EDM solicitada como opción 2
  • Numero de corte establecido no sorteo do 12/09/2023: 1451

Así mesmo para as persoas que solicitaron a mesma EDM como opción 1 e 2 só se tivo en conta a opción 1 para non dar unha vantaxe inxusta sobre outras solicitantes.

Pode consultar a listaxe na seguinte ligazón:

A formalización e pago da taxa (en efectivo ou con tarxeta de crédito ou débito) poderase realizar a partir do día 18 de setembro e ata o 28 de setembro de 2023, acudindo a calquera das caixas de Deportes (CD Torre, CD Riazor ou Polideportivo do Barrio das Flores), con cita previa https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3 e en horario das 08.15 ás 14.00 h. (É necesario concertar unha cita por cada matrícula que se queira tramitar). Débese aboar a taxa antes de acudir á actividade.

Para as escolas deportivas impartidas nos Centros Deportivos de San Diego e Santo Amaro, a formalización da matrícula realizarase nos mesmos prazos, pero nos horarios e procedemento que estableza cada un dos centros.
As persoas que neste prazo (18 ao 28 de setembro) non formalicen a matrícula pagando a taxa correspondente, entenderase que renuncian á devandita praza.

Documentación que cómpre achegar para a matrícula:

  1. Menores de 14 anos: fotocopias do DNI (de non dispoñer de DNI, fotocopia do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai/titor-a.
  2. Menores a partir de 14 anos: fotocopias do DNI e do DNI do pai/nai/titor-a.
  3. Maiores de idade: fotocopia do DNI.
  4. Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do titor/a.

Seguintes prazos:

  • Publicación do movemento da lista de espera: 29 de setembro de 2023
  • Matrícula do movemento da lista de espera: do 2 ao 6 de outubro de 2023
  • Publicación das prazas de libre disposición: a partir do venres 6 de outubro de 2023, todos os venres ata o último venres de xaneiro de 2024. As matrículas poderán facerse a partir do luns seguintes a cada publicación e ata o seguinte venres.

*Todas as datas que se indican nas bases teñen carácter informativo pero non son vinculantes, de modo que, se acontecese algún imprevisto nalgunha das fases do procedemento, o Servizo Municipal de Deportes pode cambialas motivadamente sen necesidade de modificar as bases; coa condición de que se respecten os prazos previstos para cada trámite e logo da publicación previa nesta páxina web.

12 de setembro - LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITANTES, SOLICITUDES DESCARTADAS E SORTEO DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS

Listaxes definitivas

Publícase a listaxe definitiva de solicitantes para as Escolas Deportivas Municipais para este curso 2023/24, no cal se reflicten as correccións recibidas do 8 ao 11 de setembro, e no cal xa se asignou o número para o sorteo de hoxe, 12 de setembro, do cal se saberá o resultado a partir das 17.00 h.

Así mesmo tamén se publican as solicitudes descartadas, ao non cumpriren algún dos criterios destas bases:

Sorteo de asignación de prazas

Pode consultar o número que resultou do sorteo a partir das 17.00 h na seguinte ligazón:

Número que saíu no sorteo: 1451

Seguintes prazos:

  • Listaxe de persoas admitidas e en lista de espera: 15 de setembro de 2023 a partir das 14.00 h
  • Matrículas de persoas admitidas: do 18 ao 28 de setembro de 2023
  • Publicación de movemento da lista de espera: 29 de setembro de 2023
  • Matrícula de movemento de lista de espera: do 2 ao 6 de outubro de 2023
  • Publicación das prazas de libre disposición: a partir do venres 6 de outubro de 2023, todos os venres ata o último venres de xaneiro de 2024. As matrículas poderanse facer a partir do luns seguinte a cada publicación e ata o seguinte venres.

*Todas as datas que se indican nas bases teñen carácter informativo pero non son vinculantes, de modo que, se acontecese algún imprevisto nalgunha das fases do procedemento, o Servizo Municipal de Deportes pode cambialas motivadamente sen necesidade de modificar as bases; coa condición de que se respecten os prazos previstos para cada trámite e logo da publicación previa nesta páxina web.

8 de setembro - LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES E PRAZO DE ALEGACIÓNS

Publícase a listaxe provisional de solicitantes para as Escolas Deportivas Municipais para este curso 2023/24, a cal poderá consultar na seguinte ligazón, ou no documento adxunto no pé da páxina:

No caso de que se observe algún erro na lista de solicitantes, abrirase un prazo para alegacións e corrección de erros dende a publicación da listaxe ata o día 11 de setembro ás 23.59 h, preferentemente a través do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal. De non dispoñer dos medios necesarios, poderase realizar a través do teléfono 981 189 800, extensión 25037 ou 25038, de luns a venres, en horario de 08.00 a 15.00 h.

No correo electrónico figurará no asunto o nome completo da persoa para a que se solicitou a praza e un teléfono de contacto.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas nin se atenderán outros datos máis que os consignados no formulario de solicitude.

A lista definitiva de persoas solicitantes co número de sorteo que se asignase por orde cronolóxica de solicitude e unha vez corrixidas as alegacións recibidas, publicarase o 12 de setembro de 2023 a partir das 13.00 h.

Seguintes prazos:

  • Listaxe definitiva de solicitantes: 12 de setembro de 2023 a partir das 13.00 h
  • Sorteo: 12 de setembro de 2023, ás 19.00 h
  • Listaxe de persoas admitidas e en lista de espera: 15 de setembro de 2023
  • Matrículas de persoas admitidas: do 18 ao 28 de setembro de 2023
  • Publicación de movemento de lista de espera: 29 de setembro de 2023.
  • Matrícula de movemento de lista de espera: do 2 ao 6 de outubro de 2023
  • Publicación de prazas de libre disposición: a partir do venres 6 de outubro de 2023, todos os venres ata o último venres de xaneiro de 2024. As matrículas poderán facerse a partir do luns seguinte a cada publicación e ata o seguinte venres.

*Todas as datas que se indican nas bases teñen carácter informativo pero non son vinculantes, de modo que, se acontecese algún imprevisto nalgunha das fases do procedemento, o Servizo Municipal de Deportes pode cambialas motivadamente sen necesidade de modificar as bases; coa condición de que se respecten os prazos previstos para cada trámite e logo da publicación previa nesta páxina web.

29 de agosto - CONVOCATORIA DE NOVAS MATRÍCULAS NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CURSO 2023-2024

Esta convocatoria pública regula a oferta de prazas libres das Escolas Deportivas Municipais (EDM) para o curso 2023-2024. A duración das actividades estenderase desde outubro de 2023 a xuño de 2024, seguindo o calendario escolar aprobado pola Xunta de Galicia no relativo a festivos, vacacións de Nadal etc.

Nesta páxina web reflíctese un extracto da información recollida nas bases. Pode consultar as bases completas no documento adxunto no pé de páxina ou na seguinte ligazón:

PERSONAS DESTINATARIAS

As prazas libres están dirixidas ás persoas que non teñan xa concedidas dúas (2) actividades nas EDM (exceptuando as actividades de recuperación funcional de forma temporal e a natación prenatal), incluíndo as que se desenvolven en calquera das instalacións deportivas municipais, San Diego ou Santo Amaro. No caso de que, no momento de realizar a matrícula, se detecte que a persoa xa ten concedidas dúas (2) actividades para o curso 2023-24, perderá o dereito á praza que puidese obter nesta convocatoria. As prazas nas EDM están dirixidas preferentemente ás persoas empadroadas no Concello da Coruña, con todo permítese que soliciten praza as persoas non empadroadas, pero só obterán praza no caso de que quedasen libres, aínda que por sorteo obtivesen un número máis favorable.

NORMAS XENÉRICAS E PRAZOS

Prazos do procedemento*:

  • Presentación de solicitudes: do 30 de agosto, ás 08.00 h, ata o 6 de setembro de 2023, ás 23.59 h. - AMPLIADO ata o 8 de setembro ás 13.00 h
  • Listaxe provisional de solicitantes: 8 de setembro de 2023, a partir das 14.00 h
  • Corrección de erros: dende a publicación da listaxe ata o 11 de setembro de 2023, ás 23.59 h
  • Listaxe definitiva de solicitantes: 12 de setembro de 2023
  • Sorteo: 12 de setembro de 2023, pola tarde
  • Listaxe de persoas admitidas e en lista de espera: 15 de setembro de 2023
  • Matrículas de persoas admitidas: do 18 ao 28 de setembro de 2023
  • Publicación do movemento da lista de espera: 29 de setembro de 2023
  • Matrícula de movemento da lista de espera: do 2 ao 6 de outubro de 2023
  • Publicación das prazas a libre disposición: a partir do venres 6 de outubro de 2023, todos os venres ata o último venres de xaneiro de 2024. As matrículas poderán facerse a partir do luns seguinte a cada publicación e ata o seguinte venres.

*Todas as datas que se indican nas bases teñen carácter informativo pero non son vinculantes, de modo que, se acontecese algún imprevisto nalgunha das fases do procedemento, o Servizo Municipal de Deportes pode cambialas motivadamente sen necesidade de modificar as bases; a condición de que se respecten os prazos previstos para cada trámite e logo da previa publicación nesta páxina web.

LIMITACIÓN NO NÚMERO DE ACTIVIDADES POR PERSOA

Inicialmente, só se poderá obter unha praza neste proceso da convocatoria. No formulario de prescrición poderanse elixir ata dúas (2) opcións (por orde de preferencia) co fin de poder obter unha delas.

Posteriormente, no caso de que queden prazas libres, e despois de activar a lista de espera, as persoas que o desexen poderán obter unha das prazas vacantes (a partir do 21 de outubro) aboando a taxa correspondente e sen necesidade de participar en ningún procedemento, coa limitación xeral de dúas (2) prazas como máximo no mesmo curso por persoa.

PREINSCRICIÓN

Poderanse realizar as solicitudes de preinscrición do 30 de agosto ao 6 de setembro de 2023. O prazo finalizará o día 6 de setembro ás 23.59 horas.

AMPLIACIÓN DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: debido ao atraso á hora de colgar a oferta das EDM de San Diego e Santo Amaro amplíase a data de presentación de solicitudes ata o día 8 de setembro ás 13.00 h.

As solicitudes faranse polos seguintes medios:

  1. Preferentemente, a través do seguinte formulario: Formulario solicitude - Curso EDM 2023-24
  2. Por teléfono, a través do número 981 189 800, ext. 25037, no que se axudará a cubrir o formulario en liña. Esta extensión telefónica estará dispoñible das 08.00 ás 15.00 horas, de luns a venres.

Cada persoa poderá presentar unha única solicitude de preinscrición. Dentro da solicitude poderá elixir ata un máximo de dúas (2) opcións, por orde de preferencia. Consignaranse na mesma solicitude as actividades que sexan xestionadas directamente polo Concello da Coruña, CPM San Diego ou Club do Mar de Santo Amaro. No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as realizadas con anterioridade.

Solicitaranse as actividades en función da idade da persoa que desexa participar. Para estes efectos, considerarase a idade referida na data do 31 de decembro de 2023.

As persoas de máis de 60 anos poderán solicitar as actividades indicadas como +18/+60 coa condición de que a súa condición física lles permita seguir o ritmo e a intensidade das sesións.

Nas solicitudes para menores de idade, consignaranse tamén os datos do pai/nai/ titor ou titora. En todo o procedemento, o NIF que se publicará será o do pai, nai ou titor/a, que será o que se asocie coa solicitude da persoa menor de idade.

No caso de que se vaian solicitar prazas para varios fillos ou fillas, deberá:

  1. Realizar unha preinscrición por cada menor, cubrindo un formulario para cada un/unha, na páxina web e de forma continuada no tempo.
  2. Realizar todas as preinscricións relativas a menores dunha mesma familia (irmáns e irmás) co mesmo NIF correspondente ao pai, nai ou titor/a.

PERSOAS EN SITUACIÓN DE DISCAPACIDADE

As persoas en situación de discapacidade poderán solicitar praza nunha actividade das EDM (tanto nas xenéricas como nas específicas de discapacidade), tendo en conta o seguinte:

  • No formulario de preinscrición indicarase o tipo e grao de discapacidade e se a persoa é dependente ou non. As persoas dependentes que para a súa normalización precisen calquera adaptación ou seguimento, deberán indicalo na solicitude.
  • En todo caso, optarán á praza nas mesmas condicións que o resto de solicitantes.
  • No momento da matrícula, a persoa deberá achegar un informe médico no que se indique que a súa situación de discapacidade non lle impide a práctica deportiva, ou ben calquera outro dato relevante que poida incidir na dita práctica.

DESPREGABLE - RELACIÓN DE ACTIVIDADES DAS EDM XESTIONADAS DIRECTAMENTE POLO CONCELLO DA CORUÑA

Ofértanse un total de 1.036 prazas, distribuídas da seguinte forma:

FRANXA DE IDADE CÓDIGO ACTIVIDADE-HORARIO INSTALACIÓN NÚM. DE PRAZAS LIBRES
6-8 ANOS 4281 AIKIDO 6-8 ANOS RIAZOR ME 18:00-19:00 C.D. RIAZOR 9
4512 BOXEO 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 17:00-18:00 C.D. RIAZOR 12
4514 CICLISMO 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 C.D. RIAZOR 9
4299 JUDO 6-8 ANOS RIAZOR LU 18:00-19:00 C.D. RIAZOR 11
4370 MINITENIS 6-8 ANOS TORRE MA-XO 17:00-18:00 C.D. TORRE 8
4371 MINITENIS 6-8 ANOS TORRE MA-XO 18:00-19:00 C.D. TORRE 7
4372 MINITENIS 6-8 ANOS TORRE MA-XO 19:00- 20:00 C.D. TORRE 8
4534 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU 16:30-17:15 C.D. RIAZOR 2
4386 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 17:15-18:00 C.D. RIAZOR 10
4387 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-18:45 C.D. RIAZOR 5
4388 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:45-19:30 C.D. RIAZOR 6
4389 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 19:30-20:15 C.D. RIAZOR 5
4390 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR MA-XO 17:15-18:00 C.D. RIAZOR 9
4391 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-18:45 C.D. RIAZOR 6
4392 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR MA-XO 18:45-19.30 C.D. RIAZOR 7
4393 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR MA-XO 19:30-20:15 C.D. RIAZOR 14
4533 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR ME 16:30-17:15 C.D. RIAZOR 5
4357 PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 16:45-17:30 POLIDEPORTIVA Nº 1 C.D. RIAZOR 16
4358 PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 17:30-18:15 POLIDEPORTIVA Nº 1 C.D. RIAZOR 15
4359 PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:15-19:00 C.D. RIAZOR 13
4819 WATERPOLO 6-8 ANOS RIAZOR VE 17:00-18:00 C.D. RIAZOR 7
4382 XIMNASIA INIC. 6-8 ANOS SAG FAM MA-XO 18:00-18:45 POLIDEPORTIVO SACRA FAMILIA 7
4384 XOGOS PREDEPORTIVOS 6-8 ANOS RIAZOR LU 17:00-18:00 C.D. RIAZOR 9
9-11 ANOS 4282 AIKIDO 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 C.D. RIAZOR 8
4284 ATLETISMO 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 C.D. RIAZOR 14
4287 BÁDMINTON 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 C.D. RIAZOR 15
4509 BOXEO 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 C.D. RIAZOR 14
4825 BUJUTSU 9-11 ANOS RIAZOR LU 17:00-18:00 C.D. RIAZOR 13
4515 CICLISMO 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 C.D. RIAZOR 9
4292 ESGRIMA 9-11 ANOS CASA AUGA LU-ME 18:00-19:00 CASA DÁ AUGA 16
4300 JUDO 9-11 ANOS RIAZOR LU-VE 19:00-20:00 C.D. RIAZOR 9
4540 NATACIÓN 9-11 ANOS RIAZOR LU 16:30-17:15 C.D. RIAZOR 1
4445 NATACIÓN 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 17:15 -18:00 C.D. RIAZOR 9
4446 NATACIÓN 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 17:15-18:00 C.D. RIAZOR 22
4447 NATACIÓN 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-18:45 C.D. RIAZOR 12
4448 NATACIÓN 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:45-19:30 C.D. RIAZOR 4
4449 NATACIÓN 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 19:30-20:15 C.D. RIAZOR 6
4538 NATACIÓN 9-11 ANOS RIAZOR VE 17:15-18:00 C.D. RIAZOR 8
4360 PATINAXE ART. 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 19:00-19:45 POLIDEPORTIVA Nº 1 C.D. RIAZOR 5
4361 PATINAXE ART. 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 19:45-20:30 POLIDEPORTIVA Nº 1 C.D. RIAZOR 4
4380 TENIS 9-11 ANOS NOVO MESOIRO ME-VE- 17:00-18:00 POLIDEPORTIVO NOVO MESOIRO 7
4377 TENIS 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 17:00-18:00 C.D. RIAZOR 6
4378 TENIS 9-11 ANOS RIAZOR ME-VE- 19:00-20:00 C.D. RIAZOR 5
4374 TENIS 9-11 ANOS TORRE LU-ME 19:00-20:00 C.D. TORRE 1
4818 TRÍATLON 9-11 RZR LU-ME 16:45-17:45 VE 16:15-17:15 C.D. RIAZOR 8
4844 WATERPOLO 9-11 ANOS RIAZOR VE 17:00-18:00 C.D. RIAZOR 7
4383 XIMNASIA INIC. 9-11 ANOS SAG FAM MA-XO 18:45-19:30 POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA 10
4385 XOGOS PREDEPORTIVOS 9-11 ANOS RZR LU 17:00-18:00 C.D. RIAZOR 7
12-17 ANOS 4283 ATLETISMO 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 19:00-20:00 C.D. RIAZOR 9
4286 BÁDMINTON 12-17 ANOS RIAZOR MA-XO 19:00-20:00 C.D. RIAZOR 10
4513 BOXEO 12-17 ANOS RIAZOR MA-XO 17:30-18:30 C.D. RIAZOR 9
4809 BUJUTSU 12-17 ANOS RIAZOR ME 17:00-18:00 C.D. RIAZOR 14
4516 CICLISMO 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME-VE- 19:00-20:00 C.D. RIAZOR 8
4290 ESCALADA 12-17 RIAZOR MA-XO 19:00-20:00 C.D. RIAZOR 4
4291 ESGRIMA 12-17 ANOS CASA AUGA LU-ME-VE- 19:00-20:00 CASA DA AUGA 13
4441 NATACIÓN 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-18:45 C.D. RIAZOR 9
4442 NATACIÓN 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 18:45-19:30 C.D. RIAZOR 14
4443 NATACIÓN 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 19:30-20:15 C.D. RIAZOR 11
4444 NATACIÓN 12-17 ANOS RIAZOR MA-XO 19.30-20:15 C.D. RIAZOR 3
5179 NATACIÓN 12-17 ANOS RIAZOR VE 17:15-18:00 C.D. RIAZOR 8
4354 PADEL 12-17 ANOS TORRE LU-ME 18:00-19:00 C.D. TORRE 5
4355 PADEL 12-17 ANOS TORRE MA-XO 18:00-19:00 C.D. TORRE 5
4356 PATINAXE ART. 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 19:45-20:30 POLIDEPORTIVA Nº 1 C.D. RIAZOR 6
4839 TENIS 12-17 ANOS NOVO MESOIRO MA-XO 15:45-16:45 POLIDEPORTIVO NOVO MESOIRO 3
4373 TENIS 12-17 ANOS TORRE LU-ME 18:00-19:00 C.D. TORRE 1
4381 XIMNASIA INIC 12-17 ANOS SAG FAM MA-XO 19:30-20:15 POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA 6
+ 18 ANOS 4278 ADESTRAMENTO +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 17:30-18:30 C.D. RIAZOR 2
4841 ADESTRAMENTO +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 19:15-20:15 C.D. RIAZOR 4
4279 ADESTRAMENTO +18 MOI INT. RIAZOR LU-ME 16:15-17:15 C.D. RIAZOR 1
4280 ADESTRAMENTO +18 MOI INT. RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 C.D. RIAZOR 3
4285 BÁDMINTON +18 RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 C.D. RIAZOR 13
4288 BAILE DEPORTIVO +18 RIAZOR LU-ME 16:00-17:00 C.D. RIAZOR 8
4289 BAILE DEPORTIVO +18 RIAZOR MA-XO 16:00-17:00 C.D. RIAZOR 4
4293 LOMBO SAN +18 RIAZOR LU-ME 10:00-11:00 C.D. RIAZOR 1
4835 LOMBO SAN +18 RIAZOR MA-VE 18:00-19:00 C.D. RIAZOR 2
4836 LOMBO SAN +18 RIAZOR MA-VE 19:00-20:00 C.D. RIAZOR 1
4840 LOMBO SAN +18 RIAZOR MA-XO 16:00-17:00 C.D. RIAZOR 2
4826 GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR LU-ME 08:00-08:45 C.D. RIAZOR 14
4296 GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR LU-VEME- 11:15-12:00 C.D. RIAZOR 3
4838 GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 08:00-08:45 C.D. RIAZOR 19
4294 GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 20:15-21:00 C.D. RIAZOR 4
4295 GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 21:00-21:45 C.D. RIAZOR 2
4298 IOGA +18 ROSALES LU-ME 10:30-11:30 POLIDEPORTIVO OS ROSALES 7
4297 IOGA +18 TORRE MA-XO 09:15-10:15 C.D. TORRE 4
4331 MANTEMENTO +18 BARRIO LU-ME-VE- 20:30-21:30 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES 3
4332 MANTEMENTO +18 BARRIO LU-ME-VE- 21:30-22:30 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES 4
4312 MANTEMENTO +18 RIAZOR LU-ME-VE- 09:00-10:00 C.D. RIAZOR 1
4316 MANTEMENTO +18 RIAZOR LU-ME-XO 21:00-22:00 C.D. RIAZOR 4
4306 MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-VE 20:00-21:00 C.D. RIAZOR 1
4307 MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-VE 21:00-22:00 C.D. RIAZOR 1
4308 MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-XO 10:00-11:00 C.D. RIAZOR 4
4309 MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-XO 11:00-12:00 C.D. RIAZOR 2
4837 MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-XO 12:00-13:00 C.D. RIAZOR 4
4338 MANTEMENTO +18 ROSALES MA-XO 10:00-11:00 POLIDEPORTIVO OS ROSALES 2
4339 MANTEMENTO +18 ROSALES MA-XO 18:00-19:00 POLIDEPORTIVO OS ROSALES 1
4343 MANTEMENTO +18 SAN FCO. XABIER LU-ME-VE- 20:00-21:00 POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO XAVIER 4
4344 MANTEMENTO +18 SAN FCO. XABIER LU-ME-VE- 21:00-22:00 POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO XAVIER 1
4301 MANTEMENTO +18 TORRE LU-ME-VE- 11:00-12.00 C.D. TORRE 3
4346 MARCHA NÓRDICA +18/+60 RIAZOR LU-ME 10:00-11:00 C.D. RIAZOR 3
4830 NATACIÓN +18 INTENSO RIAZOR LU-ME 11:45-12:30 C.D. RIAZOR 6
4420 NATACIÓN +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 21:45-22:30 C.D. RIAZOR 4
4421 NATACIÓN +18 MOI INTENSO RIAZOR LU-ME 21:45-22:30 C.D. RIAZOR 7
4395 NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME 18:45-19:30 C.D. RIAZOR 2
4396 NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME 19:30-20:15 C.D. RIAZOR 3
4397 NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME 20:15-21:00 C.D. RIAZOR 3
4398 NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME 21:00-21:45 C.D. RIAZOR 2
4413 NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME-VE- 08:00-08:45 C.D. RIAZOR 6
4414 NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME-VE- 08:45-09:30 C.D. RIAZOR 2
4415 NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME-VE- 09:30-10:15 C.D. RIAZOR 3
4416 NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME-VE- 10:15-11:00 C.D. RIAZOR 3
4417 NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME-VE- 11:00-11:45 C.D. RIAZOR 2
4418 NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME-VE- 12:30-13:15 C.D. RIAZOR 2
4419 NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME-VE- 13:15-14:00 C.D. RIAZOR 2
4401 NATACIÓN +18 RIAZOR MA-XO 08:45-09:30 C.D. RIAZOR 1
4402 NATACIÓN +18 RIAZOR MA-XO 09:30-10:15 C.D. RIAZOR 1
4403 NATACIÓN +18 RIAZOR MA-XO 10:15-11:00 C.D. RIAZOR 3
4404 NATACIÓN +18 RIAZOR MA-XO 11:00-11:45 C.D. RIAZOR 2
4405 NATACIÓN +18 RIAZOR MA-XO 11:45-12:30 C.D. RIAZOR 2
4408 NATACIÓN +18 RIAZOR MA-XO 18:00-18:45 C.D. RIAZOR 2
4409 NATACIÓN +18 RIAZOR MA-XO 18:45-19:30 C.D. RIAZOR 5
4479 NATACIÓN +18 RIAZOR MA-XO 19:30-20:15 C.D. RIAZOR 2
4410 NATACIÓN +18 RIAZOR MA-XO 20:15-21.00 C.D. RIAZOR 1
4411 NATACIÓN +18 RIAZOR MA-XO 21:00-21:45 C.D. RIAZOR 2
4412 NATACIÓN +18 RIAZOR MA-XO 21:45-22:30 C.D. RIAZOR 3
4546 PADEL +18 TORRE LU-ME 10:00-11:00 C.D. TORRE 2
4547 PADEL +18 TORRE LU-ME 11:00-12:00 C.D. TORRE 1
4348 PADEL +18 TORRE LU-ME 16:00-17:00 C.D. TORRE 3
4548 PADEL +18 TORRE LU-ME 20:00-21:00 C.D. TORRE 1
4845 PADEL +18 TORRE LU-ME 21:00-22:00 C.D. TORRE 3
4549 PADEL +18 TORRE MA-XO 10:00-11:00 C.D. TORRE 1
4351 PADEL +18 TORRE MA-XO 16:00-17:00 C.D. TORRE 1
4353 PADEL +18 TORRE MA-XO 19:00-20:00 C.D. TORRE 1
4551 PADEL +18 TORRE MA-XO 20:00-21:00 C.D. TORRE 5
4842 PADEL +18 TORRE MA-XO 21:00-22:00 C.D. TORRE 1
4362 PILATES +18 BARRIO LU-ME 10:00-11:00 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES 2
4827 PILATES +18 NOVO MESOIRO LU-ME 08:00-09:00 POLIDEPORTIVO NOVO MESOIRO 17
4365 PILATES +18 RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 C.D. RIAZOR 4
4366 PILATES +18 RIAZOR LU-ME-VE- 20:00-21:00 C.D. RIAZOR 2
4368 PILATES +18 ROSALES LU-ME 09:30-10:30 POLIDEPORTIVO OS ROSALES 8
4369 PILATES +18 ROSALES MA-XO 08:00-09:00 POLIDEPORTIVO OS ROSALES 8
4364 PILATES +18 TORRE MA-XO 11:00-12:00 C.D. TORRE 4
4817 TONIFICACIÓN MÁQUINAS +18 RIAZOR MA-XO 17:00-18:00 C.D. RIAZOR 1
4535 TONIFICACIÓN MÁQUINAS +18 RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 C.D. RIAZOR 8
4851 ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 C.D. RIAZOR 11
4852 ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 09:00-10:00 C.D. RIAZOR 6
4821 ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 16:00-17:00 C.D. RIAZOR 9
4822 ZUMBA +18 ROSALES MA-XO 11:00-12:00 POLIDEPORTIVO OS ROSALES 10
4831 ZUMBA +18 SAN FCO. XABIER LU-ME 18:00-19:00 POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO XAVIER 9
4850 ZUMBA +18 SAN FCO. XABIER MA-XO 18:00-19:00 POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO XAVIER 8
4833 ZUMBA +18 SAN FRANCISCO XABIER LU-ME 19:00-20:00 POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO XAVIER 8
4820 ZUMBA +18 SAN FRANCISCO XABIER MA-XO 19:00-20:00 POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO XAVIER 6
+ 60 ANOS 4537 BÁDMINTON +60 INTENSO TORRE MA-XO 12:00-13:00 C.D. TORRE 3
4543 LOMBO SAN +60 RIAZOR MA-XO 16:30-17:30 C.D. RIAZOR 3
4843 LOMBO SAN +60 RIAZOR ME-VE- 16:00-17:00 C.D. RIAZOR 4
4337 MANTEMENTO +60 BAR MA-XO 12:00-13:00/VE 11:00-12:00 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES 5
4335 MANTEMENTO +60 BARRIO LU-MA-XO 09:00-10:00 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES 2
4336 MANTEMENTO +60 BARRIO LU-MA-XO 11:00-12:00 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES 2
4333 MANTEMENTO +60 BARRIO ME-VE- 09:00-10:00 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES 2
4341 MANTEMENTO +60 INT. SAG FAM LU-ME-VE- 20:00-21:00 POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA 1
4342 MANTEMENTO +60 INT. SAG FAM LU-ME-VE- 21:00-22:00 POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA 3
4324 MANTEMENTO +60 INTENSO RIAZOR LU-ME-VE- 08:00-09:00 C.D. RIAZOR 1
4327 MANTEMENTO +60 RIAZOR LU-ME-VE- 10:30-11:15 C.D. RIAZOR 1
4328 MANTEMENTO +60 RIAZOR LU-ME-VE- 11:15-12:00 C.D. RIAZOR 2
4329 MANTEMENTO +60 RIAZOR LU-ME-VE- 12:00-12:45 C.D. RIAZOR 3
4330 MANTEMENTO +60 RIAZOR LU-ME-VE- 12:45-13:30 C.D. RIAZOR 1
4319 MANTEMENTO +60 RIAZOR MA-XO 12:00-12:45 C.D. RIAZOR 1
4320 MANTEMENTO +60 RIAZOR MA-XO 12:45-13:30 C.D. RIAZOR 4
4340 MANTEMENTO +60 SAGRADA FAM LU-ME-VE- 19:00-20:00 POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA 1
4346 MARCHA NÓRDICA +18/+60 RIAZOR LU-ME 10:00-11:00 C.D. RIAZOR 3
4347 MARCHA NÓRDICA +60 TORRE LU-ME 11:30-12:30 C.D. TORRE 3
4422 NATACIÓN +60 INICIACIÓN RIAZOR LU-ME 10.00-10.45 C.D. RIAZOR 4
4423 NATACIÓN +60 INTENSO RIAZOR LU-XO 16:30-17:15 C.D. RIAZOR 4
4424 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 09:00-09:40 C.D. RIAZOR 6
4425 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 09:40-10:20 C.D. RIAZOR 8
4426 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 10:20-11:00 C.D. RIAZOR 3
4427 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 11:00-11:40 C.D. RIAZOR 5
4428 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 11:40-12:20 C.D. RIAZOR 4
4429 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 12:20-13:00 C.D. RIAZOR 5
4430 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 13:00-13:40 C.D. RIAZOR 3
4431 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 13:40-14:20 C.D. RIAZOR 3
4432 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE- 08:20-09:00 C.D. RIAZOR 1
4435 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE- 10:20-11:00 C.D. RIAZOR 5
4436 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE- 11:00-11:40 C.D. RIAZOR 3
4437 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE- 11:40-12:20 C.D. RIAZOR 2
4438 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE- 12:20-13:00 C.D. RIAZOR 3
4439 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE- 13:00-13:40 C.D. RIAZOR 4
4440 NATACIÓN E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE- 13:40-14:20 C.D. RIAZOR 7
4557 PILATES +60 BARRIO LU-ME 11:00-12:00 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES 2
4367 PILATES +60 INTENSO RIAZOR LU-ME-VE- 12:00-13:00 C.D. RIAZOR 2
4555 PILATES +60 RIAZOR LU-ME 19:00-20:00 C.D. RIAZOR 1
4556 PILATES +60 TORRE MA-XO 10:15-11:00 C.D. TORRE 1
ESPECÍFICAS DE DISCAPACIDADE 4834 NATACIÓN 9-17 DISCAPACIDADE RIAZOR MA 16:00-16:45 C.D. RIAZOR 5
4808 BALONCESTO CADEIRA RODAS +18 BARRIO ME 12:00-13:30 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES 5
4811 NATACIÓN +18 DISCAPACIDADE RIAZOR LU 11:45-12:30 C.D. RIAZOR 4

Para as actividades de Natación de 9-11, 12-17, +18 e + 60 intenso, Recuperación funcional, Tríatlon e Waterpolo é requisito saber nadar 25 m sen tocar fondo nin suxeitarse a medios auxiliares fixos ou móbiles.

Para a actividade de Tríatlon ademais é necesario saber andar en bicicleta.

Para o grupo de Natación +18 intenso é preciso saber nadar 100 metros empregando dous estilos.

As persoas de máis de 60 anos poderán solicitar as actividades indicadas como +18/+60 coa condición de que a súa condición física lles permita seguir o ritmo e a intensidade das sesións.

Pode descargar o arquivo na seguinte ligazón: Oferta EDM 2023-24_Xestión directa

RELACIÓN DE ACTIVIDADES NO COMPLEXO DEPORTIVO DE SAN DIEGO

Pode consultar a oferta do CPM San Diego a continuación:

FRANXA DE IDADE ESCOLA PRAZAS LIBRES
6-8 ANOS NATACIÓN SAN DIEGO - 6 A 8 ANOS MA-XO 17:30-18:15 - INICIACIÓN - (3 prazas) 3
NATACIÓN SAN DIEGO - 6 A 8 ANOS LU-ME 16:45-17:30 - INICIACIÓN - (6 prazas) 6
NATACIÓN SAN DIEGO - 6 A 8 ANOS LU-ME 16:45-17:30 - INICIACIÓN - (5 prazas) 5
9-11 ANOS NATACIÓN SAN DIEGO - 9 A 11 ANOS LU-ME 16:45-17:30 - INICIACIÓN 2 - (3 prazas) 3
NATACIÓN SAN DIEGO - 9 A 11 ANOS MA-XO 16:45-17:30 - INICIACIÓN - (6 prazas) 6
NATACIÓN SAN DIEGO - 9 A 11 ANOS MA-XO 16:45-17:30 - INICIACIÓN - (6 prazas) 6
NATACIÓN SAN DIEGO - 9 A 11 ANOS LU-ME 16:45-17:30 - INICIACIÓN - (3 prazas) 3
12-17 ANOS NATACIÓN SAN DIEGO - 12 A 17 ANOS LU-ME 17:30-18:15 - INICIACIÓN - (6 prazas) 6
NATACIÓN SAN DIEGO - 12 A 17 ANOS LU-ME 17:30-18:15 - INICIACIÓN - (7 prazas) 7
NATACIÓN SAN DIEGO - 12 A 17 ANOS LU-ME 17:30-18:15 - INICIACIÓN - (8 prazas) 8
MÁIS DE 18 ANOS NATACIÓN SAN DIEGO - MÁIS 18 ANOS LU-ME 11:00-11:45 - INICIACIÓN - (1 prazas) 1
NATACIÓN SAN DIEGO - MÁIS 18 ANOS MA-XO 11:00-11:45 - INICIACIÓN - (1 prazas) 1
NATACIÓN SAN DIEGO - MÁIS 18 ANOS MA-XO 08:45-09:30 - PERFECCIONAMENTO - (3 prazas) 3
NATACIÓN SAN DIEGO - MÁIS 18 ANOS MA-XO 10:15-11:00 - PERFECCIONAMENTO - (1 praza) 1
NATACIÓN SAN DIEGO - MÁIS 18 ANOS MA-XO 11:45-12:30 - PERFECCIONAMENTO - (2 prazas) 2
MÁIS DE 70 ANOS NATACIÓN SAN DIEGO - MÁIS 70 ANOS LU-ME 09:30-10:15 - INICIACIÓN - (1 praza) 1
NATACIÓN SAN DIEGO - MÁIS 70 ANOS LU-ME 10:15-11:00 - INICIACIÓN - (1 praza) 1
NATACIÓN SAN DIEGO - MÁIS 70 ANOS LU-ME 11:45-12:30 - INICIACIÓN - (3 prazas) 3
NATACIÓN SAN DIEGO - MÁIS 70 ANOS MA-XO 11:45-12:30 - INICIACIÓN - (4 prazas) 4
NATACIÓN SAN DIEGO - MÁIS 70 ANOS LU-ME 11:00-11:45 - NIVEL MEDIO - (2 prazas) 2
NATACIÓN SAN DIEGO - MÁIS 70 ANOS LU-ME 10:15-11:00 - NIVEL MEDIO - (1 prazas) 1

DESPREGABLE - RELACIÓN DE ACTIVIDADES DAS EDM NO COMPLEXO DEPORTIVO DE SANTO AMARO

Pode consultar a oferta do Club do Mar de Santo Amaro a continuación:

FRANXA DE IDADE CÓDIGO

ACTIVIDADE-HORARIO

INSTALACIÓN NÚM. DE PRAZAS LIBRES
6-8 ANOS 1590 NATACIÓN  6- 8 ANOS LU-ME-VE 18:00 SANTO AMARO 3
1591 NATACIÓN  6- 8 ANOS MA-XO 18:00 SANTO AMARO 8
9-11 ANOS 1592 NATACIÓN  9-11 ANOS LU-ME-VE 18:45 SANTO AMARO 2
1593 NATACIÓN  9-11 ANOS MA-XO 18:45 SANTO AMARO 3
12-17 ANOS 1588 NATACIÓN 12 A 17 ANOS LU-ME-VE 19:30 SANTO AMARO 5
1589 NATACIÓN 12-17 ANOS MA-XO 19:30 SANTO AMARO 5
MÁIS DE 18 ANOS 1604 NATACIÓN. MANTE LU-ME-VE 08:45 SANTO AMARO 5
1605 NATACIÓN MANTE LU-ME-VE 09:30 SANTO AMARO 7
1606 NATACIÓN MANTE. LU-ME-VE 10:15 SANTO AMARO 1
1607 NATACIÓN MANTE LU-ME-VE 11:00 SANTO AMARO 9
1608 NATACIÓN MANTE LU-ME-VE 11:45 SANTO AMARO 7
1609 NATACIÓN MANTE LU-ME-VE 20:15 SANTO AMARO 2
1610 NATACIÓN MANTE LU-ME-VE 21:00 SANTO AMARO 4
1611 NATACIÓN MANTE MA-XO 08:00 SANTO AMARO 5
1613 NATACIÓN MANTE MA-XO 09:30 SANTO AMARO 9
1614 NATACIÓN MANTE MA-XO 10:15 SANTO AMARO 2
1615 NATACIÓN MANTE MA-XO 11:00 SANTO AMARO 6
1617 NATACIÓN MANTE MA-XO 20:15 SANTO AMARO 5
1618 NATACIÓN MANTE MA-XO 21:00 SANTO AMARO 6
1619 NATACIÓN MANTE MA-XO 21:45 SANTO AMARO 8
MÁIS DE 65 ANOS 1594 NATACIÓN 3.ª IDADE LU-ME-VE 09:30 SANTO AMARO 6
1595 NATACIÓN 3.ª IDADE LU-ME-VE 10:15 SANTO AMARO 1
1596 NATACIÓN 3.ª IDADE LU-ME-VE 11:00 SANTO AMARO 3
1597 NATACIÓN 3.ª IDADE LU-ME-VE 11:45 SANTO AMARO 5
1598 NATACIÓN 3.ª IDADE LU-ME-VE 12:30 SANTO AMARO 1
1599 NATACIÓN 3.ª IDADE MA-XO 09:30 SANTO AMARO 2
1600 NATACIÓN 3.ª IDADE MA-XO 10:15 SANTO AMARO 2
1601 NATACIÓN 3.ª IDADE MA-XO 11:00 SANTO AMARO 2
1602 NATACIÓN 3.ª IDADE MA-XO 11:45 SANTO AMARO 3
1603 NATACIÓN 3.ª IDADE MA-XO 12:30 SANTO AMARO 7

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

Unha vez presentadas todas as solicitudes de preinscrición, confeccionarase unha lista por orde cronolóxica de chegada ascendente de hora, minuto e segundo, e asignaráselle a cada unha delas un número de solicitude en función desa orde. Este número será o que se tome de referencia en todo o procedemento.

No caso de que existan dúas ou máis solicitudes presentadas no mesmo momento, asignaráselles o número tendo en conta a orde alfabética (tamén ascendente) dos apelidos.

A lista publicarase nesta páxina web, para coñecemento xeral, o 8 de setembro de 2023.

Para a consulta telefónica da lista habilitaranse os seguintes teléfonos:

  • 981 189 800 (C.D. Riazor)
  • 981 189 806 (Polideportivo do Barrio das Flores)
  • 981 189 804 (C.D. Torre)
  • Teléfono gratuíto de información cidadá 010

PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS SOBRE A LISTA PROVISIONAL DE SOLICITANTES

No caso de que se observe algún erro na lista de solicitantes, abrirase un prazo para alegacións e corrección de erros, preferentemente a través do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal. De non dispoñer dos medios necesarios, poderase realizar a través do teléfono 981 189 800, extensión 25037 ou 25038, de luns a venres, en horario de 08.00 a 15.00 h.

No correo electrónico figurará no asunto o nome completo da persoa para a que se solicitou a praza e un teléfono de contacto.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas nin se atenderá a outros datos máis que os consignados no formulario de solicitude.

As alegacións poderanse realizar desde a publicación da listaxe provisional e ata as 23.59 h do 11 de setembro de 2023.

A lista definitiva de persoas solicitantes, despois das alegacións, publicarase o 12 de setembro de 2023.

SORTEO PÚBLICO

No suposto de que existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público, para establecer a orde de adxudicación, na páxina web echaloasuerte.com ou a través do procedemento de insaculación, retirando un número para as unidades, outro para as decenas, outro para as centenas e outro para as unidades de milleiro.

Para establecer a orde de preferencia para a adxudicación de prazas terase en conta:

  1. As persoas empadroadas no Concello da Coruña
  2. A orde de preferencia nas actividades indicadas na solicitude (opción 1 ou opción 2)
  3. O número asignado á solicitude en relación ao número obtido no sorteo público

Se unha persoa, despois deste proceso, entra nas dúas opcións solicitadas, só se poderá matricular nunha (1) neste período da convocatoria.

O sorteo realizarase o día 12 de setembro de 2023, pola tarde, en calquera caso con carácter posterior á publicación da listaxe definitiva de solicitantes. O sorteo poderase seguir en directo nesta páxina web así como nas redes sociais da Concellería de Deportes.

LISTA DAS PERSOAS QUE OBTIVERON PRAZA E LISTA DE ESPERA

Publicarase a lista das persoas que obtiveron praza, así como a lista de espera, o día 15 de setembro de 2023.

PAGO DA TAXA CORRESPONDENTE E FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DAS PERSOAS ADMITIDAS

Para que a matrícula sexa efectiva, o alumnado deberá cubrir o formulario de matrícula e pagar a taxa correspondente de acordo co previsto na Ordenanza fiscal núm. 15-2022 - Reguladora da taxa pola prestación de servizos nas instalacións deportivas municipais.

A ordenanza contempla tarifas reducidas por rendemento económico ou IPREM (para o que deberán achegar a documentación preceptiva con carácter previo á data de matriculación) e para maiores de 65 anos.

No caso das EDM xestionadas directamente polo Concello da Coruña, a formalización e o pago da taxa (en efectivo ou con tarxeta de crédito ou débito) poderase realizar do 18 ao 28 de setembro de 2023, acudindo a calquera das caixas de deportes (CD Riazor, CD Torre ou polideportivo do Barrio das Flores), preferentemente con cita previa, e en horario de 08:15 a 14:00 h (será necesario concertar unha cita por cada matrícula que se queira tramitar).

No caso das EDM que se imparten nos complexos deportivos de San Diego e de Santo Amaro, o pago realizarase, nas mesmas datas, directamente nos devanditos centros e no horario de apertura que teñan establecido, en efectivo ou con tarxeta de crédito ou débito.

En todo caso, é imprescindible aboar a taxa antes de acudir á actividade.

As persoas que nese prazo non formalizasen a matrícula e pagasen a taxa correspondente, entenderase que renuncian á praza e poderase activar a lista de espera.

Documentación que debe achegarse para a matrícula:

  1. Menores de 14 anos: fotocopias do DNI (de non dispoñer de DNI, fotocopia do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai/titor-a
  2. Menores a partir de 14 anos: fotocopias do DNI e do DNI do pai/nai/titor-a
  3. Maiores de idade: fotocopia do DNI
  4. Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do titor/a.

De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se lles requirirán ás persoas interesadas datos ou documentos que fosen presentados anteriormente polo/a interesado/a a calquera Administración. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, debendo as administracións públicas solicitalos electronicamente a través das súas redes corporativas ou dunha consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto. Excepcionalmente, se as administracións públicas non puidesen solicitar os citados documentos, poderanlle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

LISTA DE ESPERA

As persoas solicitantes que estean en lista de espera poderán obter unha praza cando non se matricule algunha das persoas que a obtiveron en primeira instancia.

Realizarase un único (1) movemento da lista de espera que se publicará nesta páxina web e nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas:

  • Movemento da lista de espera:
    • Publicación das persoas da lista de espera que obtiveron praza despois do movemento da lista: 29 de setembro de 2023
    • A formalización da matrícula das persoas que se atopen nesta situación realizarase: do 2 ao 6 de outubro de 2023, presentando a documentación correspondente.

PRAZAS VACANTES

Publicaranse nesta páxina web a relación de prazas que puidesen quedar libres despois de resolver esta convocatoria.

A primeira publicación farase o día 6 de outubro de 2023 e ata o último venres de xaneiro de 2024, todos os venres a partir das 14.00 h publicarase nesta páxina web, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas e no teléfono de atención cidadá 010, as pazas que aínda quedasen vacantes. As matrículas permanecerán abertas ata as 14.00 h do venres seguinte á última publicación.

Exceptúanse do punto anterior as EDM para menores de 18 anos, nas que por motivos didácticos e pedagóxicos só permanecerán abertas as matrículas ata o 30 de decembro, salvo que polo baixo índice de matriculación e sempre apoiado por informes favorables do SMD se decidise excepcionalmente permitir a matriculación nun período posterior.

NORMAS DE ASISTENCIA DURANTE O CURSO ESCOLAR 2023-2024

Establécese unha porcentaxe de asistencia obrigatoria nas EDM do 60% das sesións lectivas do curso.

O alumnado só poderá, por tanto, ter unha porcentaxe de faltas inferior ao 40% das sesións do curso. Esta situación deberá ser excepcional, e polo tanto debe o alumnado como norma xeral asistir ás clases.

Non se requirirá que o alumnado presente un xustificante pola súa falta de asistencia. Non existe distinción entre falta xustificada e non xustificada.

No caso de que se chegue ao 40% de faltas de asistencia a persoa debe causar baixa nas EDM sen dereito a percibir a devolución da correspondente taxa.

CAMBIOS DE HORARIO DURANTE O CURSO ESCOLAR 2023-24

Aquelas persoas que, por circunstancias de conciliación laboral, persoal ou de calquera outra índole, desexen cambiar o horario, na mesma modalidade deportiva, poderán acceder ás prazas vacantes que se publicarán cada venres, desde o 9 de outubro e ata o último venres de xaneiro de 2024 e que estarán a libre disposición.

De ser o caso, deberán tramitar conxuntamente a baixa no grupo do que desexan marchar e a alta no novo horario, sen necesidade de aboar novamente a taxa, excepto a diferenza no importe no caso de pasar dunha frecuencia menor a unha frecuencia semanal maior (por exemplo, de dous días á semana a tres días á semana).

Finalizado este prazo, non se admitirán máis cambios e deberán esperar á seguinte renovación co seu consecuente novo prazo de cambios.

Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre as instalacións de San Diego ou Santo Amaro entre si ou co resto de instalacións.

Documentos relacionados

  • Movemento da listaxe de agarda - EDM Curso 2023/24 (871 KB)
  • Listaxe de asignación de prazas e lista de espera - EDM curso 2023/24 (1 MB)
  • Listaxe definitiva de solicitantes EDM curso 2023 (2 MB)
  • Solicitudes descartadas EDM curso 2023 (779 KB)
  • Listaxe provisional de solicitantes E.D.M Curso 2023 (2 MB)
  • Bases da convocatoria - Novas matrículas E.D.M. 2023/24 (745 KB)
  • Oferta EDM 2023-24_Xestión directa (424 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión