Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cemiterio Municipal de San Amaro

Enderezo:

Rúa Orillamar s/n, Bj. 15002 A Coruña

Teléfono:

981 189 825

Fax:

981 189 825

Páxina web:

http://www.coruna.es

Servizos:

Accesible para persoas con discapacidade

Horario:

CEMITERIO

Luns a domingo e festivos de 09:00 h a 18:00 h

Con motivo da celebración de todos os santos e fieis defuntos:

Ano 2017 (28 de outubro ao 2 de novembro):

Luns a domingo de 09:00 h a 19:00 h

ENTERROS

Luns a venres de 09:00 h a 13:30 h e de 16:00 h a 17:30 h. Sábado, domingo e festivos de 09:00 h a 13:30 h

HISTORIA DO CEMITERIO DE SAN AMARO

Foi inaugurado no ano 1813 despois da prohibición por lei, no ano anterior, dos enterros nas igrexas e a súa contorna.

Este camposanto histórico, emprazado fronte ao mar, está considerado un dos máis importantes de Galicia, tanto polo número, máis de douscentos, como pola notoriedade dos personaxes que acubilla.

O camposanto está dividido en tres zonas ben diferenciadas a relixiosa, a civil e a británica, esta última é privada e está pechada ao público.

Cabe destacar dous monumentos colectivos que son o Monumento aos Mártires da Liberdade e a Columna tronzada en recordo da folga xeral de 1901.

O Monumento aos Mártires da Liberdade levántase no lugar onde descansaron outrora os aviadores alemáns da II Guerra Mundial, trasladados ao cemiterio de Yuste - Cáceres. Actualmente descansan baixo este monumento os restos de soldados magrebís, indebidamente sinalados como cidadáns árabes, ao servizo dos sublevados de 1936.

A Columna tronzada en recordo da folga xeral de 1901, segundo reza a sepultura, é un monumento erixido por subscrición popular e por iniciativa das sociedades obreiras ás vítimas dos sucesos de 30 e 31 de maio de 1901, por mor da que está considerada como a primeira gran folga xeral da historia do movemento obreiro galego, cun paro absoluto en todos os sectores.

No departamento cuarto do cemiterio atópase o monumento dedicado ás vítimas do avión estrelado o 13 de agosto de 1973 en Montrove (Oleiros).

RUTA DE CEMITERIOS EUROPEOS

No ano 2012 con motivo do bicentenario de San Amaro, o cemiterio ingresou na Asociación Europea de Cemiterios Significativos (ASCE), rede europea de organizacións que se dedican á preservación e presentación dos cemiterios como parte importante do patrimonio cultural. Foi o paso previo para a inclusión do cemiterio no ano 2013 na Ruta de Cemiterios Europeos (placa identificativa na entrada principal do cemiterio) que busca poñer en valor o patrimonio funerario europeo e contribuír á cohesión territorial europea.

COMO CHEGAR

Bus urbano

Parada de taxi

Bicicoruña

Aparcabicicletas

NORMATIVA

Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia, publicado no DOG nº 237 do 11 de decembro de 2014.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?