Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

26 de xullo de 2015

A Feira Taurina supuxo uns gastos para o IMCE de máis de 2,2 millóns dende o ano 95

Tan só cinco veces nos últimos 20 anos as touradas supuxeron uns custes para o Coliseum que baixaron dos 100.000 euros en cada edición.

A Feira Taurina, cuxo contrato decidiu suspender o IMCE por razóns de interese público, xerou uns gastos ao Concello da Coruña de, ao menos, 2,2 millóns de euros nas últimas dúas décadas.

Segundo os cálculos do Concello coruñés, dende o ano 95, o festexo, que tiña lugar no Coliseum (obrigando a que o recinto se acondicionase especialmente) xerou uns gastos ao IMCE de 2.223.200,78 euros, entre os custes dos contratos de organización e outros de tipo xurídico (por exemplo indemnizacións pola caída dun espectador ou pola adxudicación do contrato no ano 2005).

O custe que supuña para un organismo público dependente do Concello esta actividade, así como a escasa afluencia de público en cada edición, foron dúas razóns de peso que impulsaron ao Goberno local a rescindir o contrato coa empresa promotora. Ademais, tamén existía a promesa política de non ceder espazos públicos nin financiar espectáculos nos que se maltraten animais.

O Goberno local calcula que este ano a Feira Taurina, de terse celebrado, traería aparellado un custe aproximado de 60.000 euros. Coa súa suspensión, o Concello espera obter un aforro de 50.000 euros.

O pasado 13 de xullo, o IMCE iniciou o expediente de extinción anticipada do contrato e suspensión da Feira Taurina por razóns de interese público. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, indicou entón que o Concello “non ten capacidade para prohibir unha actividade como esta, pero si que a ten para ceder ou non o Coliseum para este tipo de espectáculos”.

Ao longo dos últimos 20 anos, tan só en cinco ocasións os gastos que asumiu o IMCE con respecto á Feira Taurina baixaron dos 100.000 euros por edición

 

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?