Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

11 de setembro de 2015

Xiao Varela confirma avances no proceso para resolver o conflito do edificio Conde de Fenosa

O concelleiro de Rexeneración Urbana avanza que o documento se trasladará de forma inminente ao TSXG, que será o encargado de avalar o proxecto

O Concello remitirá de forma inminente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o proxecto para legalizar o edificio Conde de Fenosa, un documento que xa recibiu un primeiro aval da Dirección Xeral de Patrimonio. Antes, a proposta será levada á Xunta de Goberno Local, segundo informou na mañá deste venres o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito a Vivenda, Xiao Varela. “O documento está practicamente rematado. Estamos a facerlle a última revisión co persoal municipal ata o último milímetro para envialo ao tribunal”, indicou, e sinalou que os veciños e veciñas do inmoble serán os primeiros en coñecer o proxecto, que contempla a demolición parcial para repoñelo á legalidade coa mínima intervención posible e co menor dano para as persoas residentes e para as arcas públicas.

O Concello vén de coñecer a valoración positiva de Patrimonio á súa proposta, pero deberá esperar a ter a resolución formal para poder levar o documento a Xunta de Goberno e despois trasladalo ás instancias xudiciais, un trámite que segundo avanzou Varela se producirá “ a finais deste mes ou principios do seguinte”. “O informe favorable de Patrimonio facilita a tramitación”, confirmou o responsable municipal, para matizar que só unha pequena parte da esquina coa avenida de Fisterra está afectada por Patrimonio porque o edificio adxacente ten protección ambiental. “A afección era moi limitada e, ademais, as obras que se están propoñendo alí melloran o estado do edificio que hai”, salientou.

O concelleiro informou tamén dos temas que se aprobaron neste venres da Xunta de Goberno Local, unha ducia de asuntos entre os que se conta a encomenda de execución do mantemento de pasarelas peonís que o Concello levará a cabo.


  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?