Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

3 de decembro de 2015

O alcalde destaca, na inauguración da Rúa do Socorro, que "hoxe desprazamos vellas miserias para recuperar un nome tradicional que nunha debeu marchar do rueiro"

Xulio Ferreiro, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica, descubriu a nova placa da rúa denominada Juan Canalejo dende o franquismo, nun acto no que tamén participaron a concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, e representantes da Cociña Económica

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, descubriu esta tarde a placa coa que inaugurou a Rúa do Socorro, antes denominada Juan Canalejo, nun acto, en cumprimento e aplicación da Lei pola Recuperación da Memoria Histórica, no que tamén participaron a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, así como representantes da Cociña Económica --institución centenaria que apoia a persoas en risco de exclusión e que está ubicada nesa mesma rúa--. O rexedor coruñés indicou que nesta xornada “devolvemos ao presente a historia común da que podemos estar orgullosos e orgullosas; desprazamos vellas miserias para recuperar outro nome tradicional que nunca debeu marchar do noso rueiro”.

No seu discurso, e ante un nutrido grupo de veciñas e veciños, concelleiros e concelleiras e outros membros da Corporación Municipal, Ferreiro recordou que a rúa do Socorro recibiu o seu nome “a metade do século XIX”, aínda que posteriormente, e durante a ditadura franquista, se lle outorgou o nome do militar e membro da Falanxe, Juan Canalejo. “Naquela época, grandes temporais arrasaron esta zona da cidade, na que vivían clases empobrecidas, en condicións de miseria. O Concello actuou. E coa urbanización desta rúa e todo o barrio, diante da Ensenada do Orzán, aquela fenda social diminuiu. Non se solucionou de todo. Pero comezaron darse pasos de seguridade e conciencia. Hoxe rendémoslles homenaxe a todos e todas as que naquel proxecto pensaron e a todos e todas as que aquí viviron”, explicou.

Ferreiro conviu en que “na actualidade, esta segue a ser unha zona de solidariedade, onde tamén moitos dos máis necesitados acoden a buscar un alivio na Cociña Económica”. “Vivimos unha cidade ilusionante, pero que se traizoarñia a si mesma se esquecese a súa memoria e, sobre todo, olvidase a quen case non ten nada. O 2016 será o ano de socorro ás urxencias de pan e teito; ano de Renda Municipal Social, ano de Xustiza Social”, dixo en relación ao proxecto do Goberno local para poder dar atención a todas aquelas persoas en risco de exclusión social que non poden acceder á Renta Social de Integración de Galicia (Risga).

Coa recuperación do nome da Rúa do Socorro, o Goberno local da un paso máis no seu camiño de traballo e políticas a prol da Memoria Histórica e do cumprimento da normativa estatal que aboga pola eliminación da simboloxía franquista e dos acordos alcanzados en Pleno pola corporación municipal do ano 2009, e que non foron materializados ata agora. O Concello iniciou este proceso co descobrimento da placa da Praza das Atochas (antes adicada a Millán Astray) o pasado 8 de outubro, e a inauguración esta mesma semana da Praza de San Andrés e a Rúa Álvaro Cebreiro (denominadas polo franquismo Praza e Rúa Xeneral Mola).

Pola súa banda, a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, destacou que “nesta xornada se retira o nome a unha rúa porque non merecía tal honra”. “Juan Canalejo é un doloroso recordo da dialéctica do odio. Foi un decidido partidario da violencia, dunha historia que non debemos esquencer”, comentou a representante municipal.

O acto tamén contou coa participación dun traballador da Cociña Económica, Francisco Lojo, que falou en nome do presidente da centenaria institución, José Martí, que non puido acudir por motivos persoais. Este recordou, por boca de Lojo, a chegada da Cociña Económica a Rúa do Socorro. “Sempre foi unha rúa chea de vida, onde estivo o Hospital do Socorro, un lavadoiro público ou o parque de bombeiros. Grazas por compartir e recordar un anaco da historia da nosa cidade”, dixo.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?