Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Parque escultórico da Torre de Hércules

O Parque Escultórico da Torre de Hércules é un museo ao aire libre no que se pode sentir a brisa do mar, o seu sabor e o seu aroma nun contorno de lenda.

No seu percorrido pódense contemplar máis de 15 obras nun grande espazo natural, entre as que se encontran:

PORTAS (Francisco Leiro)

Represéntase a caveira cos ósos, símbolo da vitoria de Hércules sobre Xerión.

MENHIRES (Manolo Paz)

Situábanse en lugares de rituais e culto. A actual obra marca a diferenza entre o mundo do home e o da natureza.

HÉRCULES NA NAVE DOS ARGONAUTAS (Gonzalo Viana)

Situada sobre o antigo "cemiterio mouro". Representa a Hércules en busca do Vellocino de Ouro. Segundo a lenda as naves gregas eran tan lixeiras que podían levalas ao lombo.

A COPA DO SOL (Pepe Galán)

Gran copa na que o Sol se embarcaba cada noite para regresar ao seu palacio en Oriente. Garda ademais o bálsamo da inmortalidade á que aspira Hércules.

CARACOLA (Moncho Amigo)

Xigantesco corno da abundancia. Na súa base ten tres buratos que fan de receptores do son mariño.

CARONTE (Ramón Conde)

Segundo a mitoloxía, a cambio dun óvalo, facilitaba o paso das almas a través da lagoa Estigia, o río sagrado.

BREOGÁN (Xosé Cid)

Caudillo celta, fillo de Death e a quen se atribuíu a fundación de Brigantia e a construción dunha torre fronte a ela.

GARDIÁNS (Soledad Penalta)

Tres cabezas, tres Xerións que gardan celosamente a Torre.

ARA SOLIS (Silveiro Rivas)

A porta é un constante símbolo de tránsito. Entre vida e morte, luz e tebras, ignorancia e sabedoría.

ROSA DOS VENTOS (Correa Corredoira)

Rosa náutica, definidora dos 32 rumbos do horizonte. Sobre ela reprodúcense os pobos celtas, asignándolles unha imaxe segundo os seus propios emblemas ou tradición local.

MENHIR PENTACEFÁLICO (Ramón Miranda)

As inscricións que a percorren lembran a sucesión de xeracións de pobos que habitaron estas terras.

ÁRTABROS (Arturo Andrade)

Muller, mariñeiro e guerreiro expresan os desexos e esforzos dun pobo combativo.

COMBATE ENTRE HÉRCULES E XERIÓN (Tim Behrens & Xosé Espona)

Dende a Torre observamos representado o combate. De cerca é un estanque, onde a escuridade do seu fondo ofrece reflexos prateados, coma un espello.

GUITARRA (Pablo Serrano)

Símbolo da harmonía, alude ao estilo cubista de Picasso.

MONUMENTO AOS FUSILADOS NA GUERRA CIVIL (Isaac Díaz Pardo)

Singular Stonehenge en tributo ás vítimas da Guerra Civil. Neste mesmo lugar foron fusilados políticos, artistas e intelectuais.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?