Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Mobilidade

Cando:

12 de agosto de 2015

O Concello establecerá o venres un dispositivo especial de tráfico no Paseo Marítimo pola Batalla Naval

A sesión de pirotecnia terá lugar de 23.00 a 23.30 horas e dará paso á verbena, que rematará ás 02.30 horas



O Concello da Coruña porá en marcha o vindeiro venres, 14 de agosto, un dispositivo especial de tráfico con motivo da celebración da Batalla Naval, a tradicional homenaxe pirotécnica que conmemora a vitoria da cidadanía liderada por María Pita sobre o escuadrón do pirata inglés Francis Drake. Neste operativo participarán efectivos da Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e dos servizos sanitarios. O inicio da celebración virá da man da Banda Municipal de Música, que ofrecerá un concerto ás 21.30 horas na Coraza. Ás 23.00 horas comezará a sesión especial de fogos artificiais, que contará con dous puntos de lanzamento situados nas Esclavas e na Finca dos Mariño. Unha vez finalice o espectáculo pirotécnico sobre a Enseada do Orzán, ás 23.30 horas, terá lugar unha verbena cun palco situado á altura do Hotel Riazor.

O tráfico no Paseo Marítimo no tramo comprendido entre Rotonda das Catalinas (Rubine) e Modesta Goicouría cortarase a partir das 16.30 horas pola instalación do palco de música. A partir das 22.00, os cortes tamén afectarán ao tráfico desde a rúa Hospital até Modesta Goicouría e da avenida Calvo Sotelo até as Catalinas. Desde as 22.30 horas, estará pechado o tráfico desde Manuel Murguía cara á avenida de Buenos Aires e Rubine e o tramo comprendido entre a avenida de Hércules ata a rúa Cantábrico. A apertura destes tramos virá ao finalizar o espectáculo e levarase a cabo en función das circunstancias de presenza de público e demais que poidan afectar ao tráfico.

 

Alternativas para chegar a Pescadería, Monte Alto e Cidade Vella

O tráfico que chegue pola Terceira Ronda (AV-14) desviarase por Paseo de Ronda, avenida da Habana e continuará por Alfredo Vicenti para chegar á praza de Pontevedra, San Andrés e Panaderas. Os turismos que veñan por Alfonso Molina (AC-11) e Avenida da Pasaxe (AC-12), continuarán por Cantóns - Mariña ou Avenida Alférez Provisional para tomar o túnel de María Pita e a rúa Orillamar debido ao corte de Baltasar Pardal Vidal.

Para a saída cómpre ter en conta que a rúa Baltasar Pardal Vidal e Orzán con Sol están cortadas, polo que poderán tomar o Paseo Marítimo desde a glorieta da Torre de Hércules ata a rúa Veramar e aí elixir se continuar polo Paseo Marítimo ou tomar o Túnel de María Pita.

  • Logo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?