A Biblioteca Ágora organiza unha mostra de literatura "das marxes".
Dende o 01/08/2014 ata o 01/09/2014
Xa rematou
A Biblioteca Ágora organiza unha mostra bibliográfica, para público adulto, centrada nas vidas nas marxes da sociedade. Historias procedentes da periferia, dos límites, das fronteiras da máis ambigua normalidade. Historias de persoas diferentes, marxinados, a vida daqueles que viven lonxe do común e habitual. Excluídos, inadaptados, incomprendidos.
Fonte: Centro Ágora
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible