Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de abril de 2019

As obras de accesibilidade e saneamento na rúa Marola provocarán, dende hoxe, cortes de carril na ronda de Monte Alto

O edil Xiao Varela salienta que a segunda fase de reurbanización desta vía permitirá mellorar o acceso aos centros escolares da zona

A Concellería de Rexeneración Urbana iniciou hoxe as obras da segunda fase de reurbanización da rúa Marola destinadas a mellorar o sistema de saneamento e a súa accesibilidade. Esta actuación, que ten un tempo de execución estimado en catro meses, suporá diversas afeccións ao tráfico de vehículos na zona, segundo avance a obra. Dende hoxe e ata o 14 de maio será preciso realizar cortes de carril na ronda de Monte Alto no seu cruce coa rúa Marola para abordar a remodelación e mellora das beirarrúas nese punto. Os cortes levaranse a cabo en horario laboral, entre as 09.00 e as 18.00 horas.

A segunda fase da intervención na rúa Marola, que supón un investimento de 260.000 euros, servirá para conectar de forma máis accesible os equipamentos e centros educativos da zona, así como a parte alta do barrio de Monte Alto co parque de Carlos Casares e a contorna da Torre de Hércules, tal como indica o concelleiro responsable desta área, Xiao Varela. Para iso, empregaranse dous deseños de pavimento: un de plataforma única entre o treito de rúa executado en 2017 e a intersección coa rúa Santa Cecilia e unha solución máis convencional, con beirarrúas elevadas, dende ese punto ata a rolda de Monte Alto, "xa que nese treito a vía ten unha anchura que permite que as beirarrúas cumpran a normativa de accesibilidade". Para a realización desta segunda fase de reurbanización da rúa foi preciso realizar a expropiación dunha pequena parcela de 6,23 metros, un terreo necesario para garantir a accesibilidade nesta rúa.

A actuación servirá tamén para realizar melloras no subsolo, que pasará a ter unha rede separada para augas fecais e pluviais. Así, as obras comezan no punto de conexión entre a rúa Marola e a rolda de Monte Alto, debido á necesidade de ir conectando a nova rede ao colector final. O avance das obras suporá novos cortes de tráfico a partir do 14 de maio.   

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión