Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de decembro de 2019

O Goberno local acorda a constitución da Mesa pola Mobilidade Sostible do Concello da Coruña

Este novo organismo é un dos compromisos que recolle a Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sostible

A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 22 de outubro de 2019 acordou a constitución da Mesa pola Mobilidade Sostible do Concello da Coruña. Este acordo modificouse o pasado 4 de novembro de 2019.

A Mesa pola Mobilidade Sostible estará asistida polo Comisionado de Mobilidade, que exercerá as funcións de secretaría, con voz e sen voto. Segundo a resolución do 16 de decembro de 2019, estas funcións asignáronse ao superintendente da Policía Local Antonio Francisco Alfeirán Rodríguez.

A constitución da Mesa pola Mobilidade Sostible está previsa para o vindeiro mes de xaneiro coa celebración da primeira sesión deste órgano, destinado a fomentar a participación das políticas en materia de mobilidade. A Mesa será un foro estable de traballo para analizar as propostas que presenten os diferentes axentes vinculados á mobilidade.

A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade destaca que a creación deste organismo foi un dos compromisos que recolle a Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sostible.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión