Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de setembro de 2019

Rey comprométese a mellorar a mobilidade de Mesoiro e Vío

A alcaldesa visitou os barrios para comprobar en primeira persoa deficiencias na limpeza viaria e a necesidade de incorporar mobiliario urbano para o lecer

A alcaldesa Inés Rey visitou esta mañá o barrio de Mesoiro e Vío da man das persoas responsables da asociacións de veciños Xunqueiras-Mesoiro e Vío, que lles amosaron as deficiencias dunha zona para a que piden, no caso de Mesoiro, un cambio de sentido no camiño de Pouporon coa finalidade de que o camión do lixo circule pola parte máis alta e lles dea servizo así a todas as veciñas e veciños que, na actualidade, teñen que desprazarse moitos metros para depositar os residuos.

A rexedora comprometeuse tamén a estudar a posibilidade de recuperar algún dos soares para o aparcamento e o lecer coa incorporación de bancos e mobiliario urbano e apuntou a queixa dos residentes na estrada DP-0512 sobre os vehículos que estacionan nas beirarrúas e impiden o paso, polo que a alcaldesa propón a instalación de bolardos e pasos elevados para reducir a velocidade dos coches.

En Vío, Rey comprobou en primeira persoa a necesidade de asfaltar o camiño de acceso ao núcleo e realizar unha limpeza viaria regular nas principais rúas para evitar a proliferación de maleza. Ademais, os afectados comentáronlle outros problemas como terreos privados e doutras institucións que poñen en risco o barrio ao estaren abandonados e a falta de presión da auga corrente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión