Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actualidade do plan

AGRA DIRECTO. Sostenibilidade

En SOSTENIBILIDADE, durante a semana do 13 ao 19 de outubro, o Festival Agra Directo creará espazos verdes de encontro e convivencia para os veciños do barrio, concibidos baixo as premisas de participación colectiva, sostenibilidade e economía de medios.

Cando:

Dende o 13/10/2014 ata o 19/10/2014

Xa rematou

TERCEIRA SEMANA: SOSTENIBILIDADE

Urbanlab realizará unha intervención nun dos muros periféricos do Centro Ágora que conectará, por unha banda, a natureza espontánea xa existente froito da choiva e a humidade; por outro, un ecograffiti de musgo que se integrará á estrutura do muro.

Como actividades paralelas, o colectivo MAGA formulará Outra mirada sobre o barrio da Agra, un Encontro sobre arquitectura de xénero aberto ao público no Centro Ágora (17 de outubro).

Pola súa banda, SaborPlace ensinará, nun taller práctico para veciños maiores de 60 anos, os principios da agricultura biolóxica, fomentando o seu contacto directo coa natureza e o medio ambiente no Parque dos Mariñeiros (18 outubro).

Ademais, o Centro Ágora acollerá un Encontro veciñal moderado por Urbanlab   no que os veciños compartirán as súas ideas e suxestións para mellorar o barrio e xerar un debate construtivo de convivencia (18 de outubro).

Agra Directo forma parte do proxecto Urbana C da Concellería de Cultura do Concello da Coruña co financiamento dos fondos europeos FEDER.

 

Fonte: Centro Ágora

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión