O curso "ferramentas básicas para emprender" terá lugar a 1ª semana de setembro na Escola de Emprendemento Agra.
Dende o 01/09/2014 ata o 05/09/2014
Xa rematou
De 09.00 a 14.00 h.
O curso "Ferramentas básicas para emprender" terá lugar a 1ª semana de setembro na Escola de Emprendemento Agra. O programa, de 20 horas de formación que se desenvolverá durante 4 días, está orientado á definición básica dun proxecto de empresa viable e á preparación das persoas asistentes para os primeiros momentos do novo negocio.
A súa estrutura segue dunha forma sinxela as fases que debe superar unha idea para converterse en empresa:
· Plan de negocio
· Mercado e contorna
· A economía da miña nova empresa
· Aspectos xurídicos e administrativos
· Xestión de persoas da miña nova empresa
· Xestión por procesos
Se che interesa, chámanos ao 981 185 037. Agardámoste!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible