Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de febreiro de 2024

En paralelo, tamén se atendeu recentemente o parque infantil de Durmideiras, onde se renovou a rede de trepa

Avanzan os traballos para remodelar e ampliar a área de xogos infantís da praza do Parque, en Monte Alto, que tamén incorporará un novo espazo biosaudable

O Concello incrementará a superficie destinada ao uso e gozo das crianzas, e xa se traballa na creación dunha área para a práctica deportiva e exercicio físico moderado, ideada para as persoas maiores

O Concello da Coruña dá continuidade estes días ás obras de remodelación da área de xogos infantís da praza do Parque, situada no sector leste do barrio de Monte Alto e, máis concretamente, na contorna da rúa Parque e Orillamar.

Os traballos, promovidos desde a Área de Economía e Planificación Urbana a través do servizo municipal de Infraestruturas, xa están en marcha. A grandes rasgos, a intervención permitirá ampliar a superficie de xogos habilitada actualmente. Isto será posible grazas á unión de dúas das tres áreas verdes da praza, as lindeiras á rúa da Torre. Ao conectar estes espazos, crearase un novo perímetro interior no que se traballará nos vindeiros días para estender o firme de caucho sobre o antigo pavimento. Unha vez que se complete esta fase, xa será posible incluír novos xogos e bambáns, optimizando así o novo espazo dispoñible.

Ademais, ao longo desta semana comezaron as tarefas necesarias para acometer un recuamento do muro que delimita o pavimento e os parterres no sector esquerdo da praza. Desta forma, o Goberno de Inés Rey busca gañar espazo para crear unha nova área biosaudable para darlle servizo á veciñanza. Incluirá diversos elementos orientados á práctica deportiva e exercicio físico moderado, co foco posto especialmente nas persoas maiores.

Como actuación complementaria, o Concello tamén ten previsto incorporar máis mobiliario urbano na praza do Parque, con novos bancos que se sumarán aos xa existentes nos espazos de lecer, tanto na propia área de xogos infantís como na súa contorna.

O investimento previsto nesta intervención é de 137.319 euros.

Melloras no parque infantil de Durmideiras e Carlos Casares

Ademais dos traballos na praza do Parque, o Goberno de Inés Rey aproveitou estas últimas semanas para acometer melloras no parque infantil de Durmideiras, lindeiro á rúa Regata Cutty Sark.

A este respecto, unha das intervencións destacadas foi a renovación da rede de trepa da área de xogos, que volverá a estar habilitada ao uso e disfrute das crianzas nos vindeiros días, toda vez se complete o proceso de certificación habitual nestes casos.

A maiores, o persoal de Infraestruturas tamén habilitou novo mobiliario urbano na contorna do parque Carlos Casares, no sector norte de Monte Alto, onde se instalaron bancos de pedra con respaldo de madeira, dando resposta a unha solicitude da veciñanza do barrio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión