Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de xaneiro de 2024

O Concello comezará en febreiro a primeira fase da reurbanización da rúa Manuel Ferrol, no Martinete

A actuación comprende a mellora de beirarrúas, a plantación de árbores, a elevación de pasos de peóns e o reacondicionamento da parada de autobús

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Infraestruturas, comezará na primeira quincena do mes de febreiro a primeira fase da reurbanización da rúa Manuel Ferrol, no barrio do Martinete. Esta actuación impulsada polo Goberno de Inés Rey ten como obxectivo a mellora da seguridade viaria e peonil, ademais de dotar a cidadanía de mellores espazos públicos.

A actuación, nesta primeira fase, comprenderá as seccións da rúa que rodean o bloque residencial situado fronte á estrada do Birloque. Nunha segunda fase posterior reformarase a parte da calzada que conecta coa rúa Juan Darriba. Os traballos consistirán na mellora do conxunto das beirarrúas, incluíndo a creación dunha nova no treito en dirección a Juan Darriba, que carecía de espazos seguros de paso para as persoas viandantes. 

Ademais, elevaranse cinco pasos de peóns para aumentar a seguridade viaria nesta primeira fase e outros dous posteriormente na segunda, no cruzamento coa rúa Juan Darriba, onde tamén se suprimirá a glorieta existente e se mellorarán as beirarrúas. Os ditos pasos nos que se actuará de maneira inmediata son os situados a ambos os lados do acceso á rúa desde a estrada do Birloque e tres na parte posterior do bloque residencial. Ademais, na parte posterior do bloque residencial aproveitarase o espazo da calzada para sumar unha liña de estacionamento. 

A actuación completarase coa plantación de 15 novas árbores no conxunto da rúa, 11 nesta primeira fase, e a mellora da parada de autobús situada na estrada do Birloque. A renovación de Manuel Ferrol, cun prazo de execución de catro meses, é froito do diálogo mantido polo Goberno de Inés Rey cos veciños e veciñas do barrio do Martinete para mellorar a súa contorna.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión