Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xaneiro de 2024

O Concello inicia a segunda fase da humanización da avenida de Arteixo, na contorna de Santa Margarida e o barrio da Falperra

Os traballos inclúen a creación dun novo paso de peóns elevado, a ampliación do percorrido de carril bici e a restauración da pasarela de acceso ao parque

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Infraestruturas, comezou esta semana os traballos da segunda fase da humanización da avenida de Arteixo, na contorna do parque de Santa Margarida e do Palacio da Ópera.

A actuación suporá, a grandes rasgos, a renovación e mellora da accesibilidade nos espazos públicos do treito da avenida de Arteixo que vai desde a pasarela de acceso ao parque de Santa Margarida ata o cruzamento coa rúa Uruguai.

Indo xa ao detalle polo miúdo, con esta intervención búscase darlle uniformidade a este sector da avenida con respecto á estética da primeira fase. Para iso, ampliarase o percorrido de carril bici xa existente na avenida de Arteixo, que nesta segunda fase da humanización chegará ata o cruzamento de bifurcación existente fronte ao Palacio da Ópera.

A maiores, tamén se acometerá a creación dun novo paso de peóns elevado á altura do número 21 da avenida de Arteixo. Terá pavimentos diferenciados, para facer máis visibles as zonas de paso de peóns e bicicletas, e tamén se disporán lousas podotáctiles en relevo, para facilitar a orientación das persoas invidentes. Coa súa construción, o Goberno de Inés Rey busca dar continuidade ás medidas de calmado do tráfico na cidade para mellorar a seguridade das persoas.

As melloras na pasarela a Santa Margarida, durante o mes de febreiro

Está previsto que a segunda fase da humanización da avenida de Arteixo se execute nun prazo de cinco meses, sen producírense cortes de tráfico agás en xornadas nocturnas. O orzamento dos traballos ascende a 380.000 euros.

Cómpre lembrar que esta actuación dá continuidade ás xa levadas a cabo no cruzamento da rolda de Nelle e a avenida de Arteixo, coa primeira fase destes traballos, e que incluíu, posteriormente, a instalación dunha base de BiciCoruña.

Por outra banda, durante o mes de febreiro está previsto que se actúe sobre a propia pasarela de acceso ao parque de Santa Margarida, situada sobre a calzada da avenida de Arteixo. Os traballos consistirán na substitución da varanda, mellorando a súa accesibilidade. Esta intervención contará cun orzamento específico de 70.000 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión