Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Concerto do grupo Ialma: Camiño: de Bruxelas a Santiago

Ialma son pandeireteiras, fillas e netas de galegas na diáspora. Durante máis de vinte anos, as 4 encantadoras "cantareiras" de IALMA cantan e tocan o seu país de orixe, Galiza, en todo o mundo. Dende os seus inicios e Palabras darei, o seu primeiro disco, percorreron moitos camiños.

¿A quién va dirigido?:

público xeral

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

19/05/2024

Ya ha finalizado

Horario:

19:30 h 

Pídese puntualidade

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Aínda que residentes en Bruxelas, Verónica, Natalia, Marisol e Eva están en permanente conexión con Galiza. A cultura musical e as tradicións galegas son as súas fontes de inspiración inesgotables que lles permitiron construír, pouco a pouco, un amplo repertorio de cancións tomadas das súas raíces pero adaptadas á súa vida diaria: a das mulleres de hoxe. Varias culturas, varias linguaxes, varias estéticas musicais.

"Descubrir novas culturas musicais permítenos enriquecer aínda máis a nosa". Esta é a mellor forma de definir a evolución do proxecto artístico de IALMA e a súa importante contribución para perpetuar, renovar e desenvolver este xénero musical en particular.

Estas catro magníficas voces galegas levan ás súas cancións do exilio o alento revigorante dunha Bruxelas rica na súa diversidade e as inmutábeis melodías das "cantareiras" da costa atlántica.

Desde cruces vocais en movemento ata lirismo místico ou voos festivos, IALMA devólvenos á vida o patrimonio galego que flúe polas súas veas coa exaltación do camiñante que ve a Compostela amencer no horizonte.

Camiño: de Bruxelas a Santiago foi nomeado 'Mellor álbum de World Music do ano' nos 'Octaves of Music 2016' (Bélxica) e 'Mellor álbum galego do ano' nos 'Premios Min 2017' (España) Selección oficial en FIRA Mediterrània 2016, Babel Med Music 2017 e Visa for Music 2017 Mostra no WOMEX 2016.

« Camiño de Bruxelas a Santiago é a historia da nosa emigración e dos nosos pais. É a nosa historia, enlazada coa historia deles, pero que sigue evolucionando, porque un camiño nunca se para. É un camiño de loita, cultural, de diversidade, de descubrir e de contactar co público e coa xente doutras culturas. É un camiño que levamos percorrendo moitos anos e que cantamos a través das nosas cantigas ».

O compromiso social é unha constante en moitos dos temas do traballo. Un deles está dedicado aos refuxiados «porque o tema dos refuxiados é o mesma que a historia dos nosos pais. A miña avoa veu cunha maleta metida no tren con tres fillos. É exactamente a mesma imaxe que vemos hoxe. Eu cando vexo as imaxes dos refuxiados vexo as historias que nos contaban os nosos avós. Esa é a historia das catro de Ialma. Uns viñeron como mineiros, outros fuxiron da Guerra, outros foron fusilados, é como unha homenaxe á nosa historia e chamando a intentar cambiar o futuro. Temos que ser conscientes de que a memoria está aí e aínda existe. É a mesma historia que a dos nosos pais e avós».

O traballo inclúe 13 temas, algúns tradicionais e outros de feitura 'trad' con letras contemporáneas, de autor. «As letras fáinolas un amigo chamado Brais Fernández xunto con nós. Nós contámoslle o que queremos expresar e el escribe a letra».

Camiños aínda virxes, ás curvas do encontro, moitas veces inesperados pero tan ricos en descubrimentos; estradas secundarias que cheiran a aventura e liberdade; camiños empinados que ás veces puxeron en dúbida o camiño a seguir; camiños de rotonda, fontes de novas experiencias; camiños que cruzaron así os camiños de moitos artistas con universos moi diferentes cos que non dubidaron en percorrer... un pouco de estrada, como Dulce Pontes, Carlos Núñez, Kepa Junkera, Mercedes Peón, Eliseo Parra, e tamén Arno, Zefiro Torna, Philippe Catherine, Renaud, Lucilla Galeazzi, Leila Amezian, Manou Gallo, Carlo Rizzo, Quentin Dujardin, Dick Van der Harst, Urban Trad, Fabrizio Cassol, N'Faly Kouyaté, Perry Rose, ...

Este concerto, como todas as actividades de "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Elenco:

  • Voces: Verónica Codesal, Natalia Codesal, Eva Fernández e Marisol Palomo
  • Acordeón diatónico: Didier Laloy
  • Guitarra: Karim Baggili

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión