Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

TRC danza: EntreSoños

Danza contemporánea/baile tradicional

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/05/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

65 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro)

(Se vostede merca entradas con desconto a través do teléfono ou da web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

EntreSoños é unha obra de baile tradicional galego no marco da danza contemporánea. Todo o mundo nalgún momento da súa vida viuse nunha encrucillada. Atopouse, atópase ou posiblemente atoparase fronte a dous, ou máis, camiños que poden ser determinantes para o resto da súa vida. Nunca tiveches un soño que perseguir, pero polo que non te atreves a loitar? Ben por non saír da túa zona de confort, ou por medo a perder ese benestar... ou por calquera outra razón que fai desta decisión un dilema difícil de resolver. O soño, o meu soño, o máis prezado dos meus tesouros, a miña alma... Ese soño que me invade cada noite facéndome crer algo que non son, pero que podería chegar a ser... e á vez o medo e a incerteza que me dominan e me fan volver a ese estado de consciencia que me di que non é máis que un soño e que non deixará de ser nunca máis que iso... Dentro do meu soño teño alegría, total liberdade de expresión e movemento. Non importa con quen, para quen, de que maneira e onde. Só importa a música e o movemento que o meu corpo xera ao sentila.

Dirección artística: David Villarinyo

Intérpretes: Fran Sieira, Aida Tarrío, Xisco Feijoó

Dirección e produción: Fran Sieira

Compañía Fran Sieira

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web:

Tamén che pode interesar...

  • "Carapuchiña Vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goás

    Cando:

    21/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Ciclo Principal: El traje

    Cando:

    Dende o 24/05/2024 ata o 25/05/2024

  • XXXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

    Cando:

    26/05/2024

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk

    Cando:

    28/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Confi, o golfiño Manoliño", da Xanela do Maxín (auditorio)

    Cando:

    04/06/2024

    Inscricións:

    Dende o 31/05/2024 ata o 04/06/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • 1888. Señorita Xulia

    Cando:

    08/06/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión