Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de maio de 2024

A reinterpretación de Luigi Nono feita por Niño de Elche dá inicio á sétima edición do festival RESIS

Inés Rey: “Esta celebración alcanza ano tras ano máis sentido como certame aberto e multidisciplinar”

A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta tarde ao concerto inaugural da sétima edición do festival RESIS, referente internacional da música contemporánea, que tivo lugar na Fundación Luís Seoane. A rexedora estivo acompañada polo director artístico do RESIS, Hugo Gómez-Chao; a presidenta da Fundación Federico García Lorca, Laura García Lorca; e a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividad González.

O concerto inaugural levou por título 'Y entonces' e consistiu nunhas variacións canónicas sobre Luigi Nono interpretadas por Niño de Elche. Tras a actuación foi presentada a exposición 'Y su sangre ya viene cantando', que rende homenaxe ao compositor italiano no centenario do seu nacemento. "A celebración de Resis alcanza cada ano máis sentido e de aí tamén as súas oito estreas absolutas, que nos lembran que estamos ante un certame aberto e multidisciplinar", sinalou Inés Rey.

A sétima edición de RESIS traerá á cidade dez concertos, oito deles estrea absoluta, unha exposición, así como proxeccións e numerosas actividades paralelas. A entrada a toda a programación é gratuíta, reservándose en Ataquilla ou presencialmente no quiosco da praza de Ourense. Toda a programación, en: http://resisfestival.com.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión