13 de marzo de 2019
I Carreira Solidaria #QuerémonosVivas cun especial obxectivo: colaborar na mellora da calidade das condicións de vida das mulleres con cancro de mama.
Unha inscrición, un donativo, unha camiseta #querémonosVivas Só tes que inscribirte, elixir a túa medida e doar. E para os/as máis pequenos/as, tamén.
Participa e doa: IX Carreira Popular Torre de Hércules - I Carreira Solidaria #querémonosVivas e Marcha Solidaria
Desde o Concello da Coruña, por iniciativa da Concellería de Igualdade e Diversidade e o Servizo de Deportes, quérese fomentar a difusión, o coñecemento e as achegas dun grupo de investigación para o desenvolvemento do seu proxecto, que mide a calidade de vida e satisfacción da muller con cada tipo de cirurxía mamaria. Coñecer a opinión da paciente permite saber a súa percepción sobre os procedementos e posibilita a opción de mellora. O 100% da recadación irá destinado á loita contra o cancro de mama.
Máis información no documento anexo.
8 de maio de 2024
16 de abril de 2024
7 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible