6 de marzo de 2019
Da comezo esta iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, que promociona o talento feminino nas entidades de economía social.
Medrando Xuntas está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.
O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras. En ambos casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.
Nesta edición a formación celebrarase no primeiro semestre de 2019, e tamén haberá titorías individuais para as participantes. Así mesmo, tamén se celebrará o II foro participativo aberto a todas as mulleres da Economía Social Galega.
Toda a información relativa a ambas as dúas formacións: docentes, programa completo, horarios, etc. pode consultarse nas seguintes ligazóns: curso directivas e curso socias.
As inscricións poden realizarse a través dos formularios web (para directivas e socias), no enderezo electrónico medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou no teléfono 651 394 409. O prazo para inscribirse remata o 29 de marzo de 2019.
Toda a información no enderezo http://eusumo.gal/programa-medrando-xuntas-2019
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible