Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de maio de 2024

Día de Europa

O alumnado-traballador do programa de emprego “Unha ventá ao porto medieval da Coruña” realiza unha actividade este 9 de maio para celebrar o Día de Europa.

Dita actividade consiste na elaboración do mapa de Europa con fíos, sendo os contornos dos países ou fronteiras de cor verde, e o interior dos mesmos da cor correspondente ás bandeiras de cada un. 

Para completar o mural, engádese unha cita de Audre Lodre que di: "No son diferencias las que nos dividen. Es nuestra incapacidad para reconocer, aceptar y celebrar esas diferencias", que reforza a interpretación do mapa. O obxectivo a reflectir é a unión pero á vez fraxilidade entre os países que conforman Europa. 

O traballo feito pola especialización de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais inclúe as bandeiras de cada país. Estas pódense mover e dar lugar así a un xogo interactivo para aprender aquelas non coñecidas e acertar as posicións das mesmas nos países aos que corresponden.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión