9 de outubro de 2017
Greenweekend é unha xornada impulsada pola Concellería de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña, enmarcada no programa "Emprendemento Coruña", que se desenvolverá a fin de semana do 20 ao 22 de outubro e busca fomentar a economía verde e os proxectos de emprendedores ambientais.
Así será Greenweekend na Coruña:
Greenweekend é un evento ideado para profesionais do sector ambiental: persoas candidatas, emprendedores e empresas. É un espazo deseñado para facer contactos, conseguir un emprego, coñecer outra xente con inquietudes e ilusións semellantes ou traballar e colaborar xuntas durante toda a fin de semana para lanzar ao mercado novos proxectos empresariais. Trátase da ocasión perfecta para persoas con espírito emprendedor que teñan ideas ou se atopen en busca de inspiración.
Rúa Hospital 19. 15001 A Coruña
http://greenweekend.org/index.php/ciudades-gw/proximos/a-coruna-octubre-2017
13 de maio de 2024
13 de maio de 2024
9 de maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible